Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
22/12/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

O custo do cancro ocupacional na EU-28

Saúde Laboral
Os datos recollense nun estudo presentado no mes de novembro na conferencia "Traballo y cancro", e teñen en conta os custos directos dos sistemas sanitarios dos Estados membros (relacionados co tratamento médico), custos indirectos para os traballadores e os empresarios (asociados a perdas monetarias por cesación do traballo) e os custos humanos para as vítimas (impacto na calidade de vida dos traballadores e as súas familias). Os custos cífranse entre entre 270.000 e 610.000 millóns de euros, o que representa do 1,8% ao 4,1% do producto interio bruto da Unión Europea.
"Con máis de 100 000 mortes por ano, os cancros ocupacionais son a principal causa de morte na UE. Este estudo amosa que o custo social dos cancros relacionados co traballo é tremendo. Son os traballadores e as súas familias quen soporta a maior parte dos custos. Esta situación inxusta é social e economicamente inaceptable, e a UE debe tomar medidas para poñer fin a estes cancros prevenibles ", comenta un experto en riscos químicos do Instituto Sindical Europeo (ETUI). O informe foi realizado (a instancias da ETUI) por consultores especializados na avaliación de riscos químicos que examinaron a exposición dos traballadores/as a 25 axentes carcinoxénicos e diveras situacións de traballo (por exemplo, amianto, benceno, sílice, traballo nocturno ou traballo por quendas, emisións de motores diesel).Ligazón ao estudo O custo do cancro ocupacional na EU-28 (en inglés)
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais