Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
21/6/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

O II convenio do Sector Metal incorpora novos requisitos en relación á formación en prevención de riscos laborais

Formación
O convenio estabelece unha formación mínima con temática concreta para cada rol de traballador. Esta formación deberá ser impartida por entidades homologadas pola Fundación do Metal para a Formación, Cualificación e o Emprego, FMF, podendo ser cantidatas a esta homologación os servizos de prevención alleos acreditados pola autoridade laboral ou as empresas encadradas nos sectores de actividade estabelecidos neste Convenio e que dispoñan de organización preventiva propia. A formación deberá ser "reciclada" cada 3 anos ou cando o traballador/a estivese alonxado do sector a lo menos un ano de xeito continuado. O factor de caducidade da formación deberá incorporarse á xestión documental que se vincule á formación acreditada.

O convenio estipula unha relación de ocupacións e postos de traballo (directivos, mandos intermedios, operarios de instalación de ascensores, operarios de equipos manuais, operarios de cerrallería,…) e lles asigna a formación concreta que deberá ser validada e controlada (anexo II).

Tamén se indican as condicións para a obtención da Tarxeta profesional para os traballadores/as do Sector do Metal que traballen en obras de construción.

Se estipula a obrigatoriedade das empresas que contratan, a través do Real Decreto 171/2004,  de garantir que as empresas que subcontratan proporcionaron a formación preventiva aos seus traballadores/as en función dos postos que vaian desenvolver. O convenio alude a que, ante un suposto accidente laboral, a empresa titular podería responder solidariamente o caso de que o traballador sinistrado non tivese a cualificación profesional requirida para o desempeño do seu labor.

Ligazón ao texto da Resolución de 7 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se rexistra e publica o II Convenio colectivo estatal da industria, a tecnoloxía e os servizos do sector do metal publicado no BOE.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais