Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
21/5/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Nova análise da enquisa ESENER-2 sobre a xestión da saúde e a seguridade no traballo en Europa.

AXENCIA EUROPEA PARA A SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO
O informe, que analiza os datos recollidos na segunda enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes, ESENER-2, constata a tendencia das empresas a concentrarse máis nos aspectos tradicionais de seguridade que nos riscos en materia de saúde e riscos psicosociais, especialmente entre as microempresas e as pequenas empresas (mepes) e en certos sectores.

O informe describe como o compromiso da xestión e a representación dos/as traballadores/as na xestión da seguridade e saúde no traballo pode aumentar significativamente a probabilidade de que unha empresa implemente boas prácticas.

Así mesmo, indica que as grandes empresas e as dos sectores produtivo e manufactureiro mostran, dun modo xeral, niveis máis elevados de xestión da  SST, aínda que, ata nestas organizacións, as prioridades seguen concentrándose máis nos riscos de seguridade tradicionais que en factores en materia de saúde ou psicosociais.

Tamén subliña a necesidade de axudar ás microempresas e as pequenas empresas (mepes) no cumprimento dos requisitos de prevención de riscos laborais, de conformidade co Marco Estratéxico en materia de Saúde e Seguridade no Traballo 2014-2020 da Unión Europea.

Descargar o informe e o resumo completos da xestión da seguridade e saúde laboral de ESENER-2

Visión xeral das enquisas ESENER

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais