Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
21/3/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Considerado accidente laboral o acontecido ao voltar de levar aos compañeiros de traballo a casa

sentenza
O Tribunal Supremo considerou que se trata dun accidente de traballo in itinere o sinistro no que faleceu un traballador logo de achegar ás súas casas a dous compañeiros de traballo ao finalizar a xornada laboral. Tanto a mutua coa que a empresa tiña contratada a cobertura de accidente de traballo como a Seguridade Social negaron á familia do traballador as prestacións previstas para o caso de accidente laboral. A familia acudiu aos tribunais, que tampouco lles deron a razón.

 

O Tribunal Supremo aceptou o recurso e corrixiu ao Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía indicando que "Os feitos probados acreditan que a finalidade principal da viaxe durante o cal falece ten claro carácter laboral. Aínda que podería regresar ao seu domicilio de maneira directa, o desvío é para deixar nos seus respectivos domicilios a dous compañeiros de traballo", di o Supremo.A única dúbida prodúcese respecto ao factor cronolóxico pois o peche da empresa produciuse ás 18.30 horas e o accidente ás 19.40, o que resulta un tempo excesivo para os traxectos que realizou o traballador, o que indica que se entretivo cos compañeiros de traballo antes de despedirse. Con todo, o Tribunal Supremo establece que "o feito de que o traballador empregase algo de tempo nunha despedida ou charla con comentarios cos compañeiros (...) non rompe a conexión laboral". "Ese período de tempo é parte do que corresponde á súa propia viaxe de volta a casa", engade o Supremo antes de concluír que o fatal accidente ocorreu na continuación do desprazamento cara á súa casa, polo que pode cualificarse como in itinere.

 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais