Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
21/11/2014
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

O Estado español á cola de Europa en conciliación laboral e familiar

Conciliación
A flexibilidade dos horarios de traballo para poder conciliar a vida laboral e familiar en Europa é aínda "moi insuficiente", algo que se acrecenta no Estado español, un dos países da Unión Europea onde máis difícil é esta conciliación, segundo o Informe de Evolución da Familia Europea en 2014 do Instituto de Política Familiar presentado esta semana.

Flexibilidade horaria

Este estudo diferencia entre aqueles horarios que están totalmente definidos pola empresa, aquel fixos pero con "certa flexibilidade", os horarios flexibles e os que están totalmente definidos polo traballador.Así, segundo os datos facilitados, obsérvase que en España o 88,2 por cento das empresas definen totalmente o horario dos seus traballadores, cifra que ascende até o 95,3 por cento en Letonia (o país con menor flexibilidade) e que baixa até o 44,8 por cento no caso de Finlandia, onde a flexibilidade horaria é maior.Apréciase, deste xeito, que a maior parte dos horarios en Europa seguen estando marcados polas empresas. Aínda así, comezan a verse diferenzas nalgúns países onde esta porcentaxe descende e aumenta, no seu lugar, o daquelas empresas con horarios máis flexibles, como ocorre en Finlandia, Suecia, Alemaña e Dinamarca.Este informe asegura que, aos datos xerais, súmaselle o baixo índice de natalidade, o número de abortos e a alta porcentaxe de divorcios, o que fai que Europa se estea convertendo en "un continente sen fillos" que é "sen dúbida, un continente sen futuro".

Só o 1,4% do PIB para a familia

Se a información sobre a situación da familia en Europa é "preocupante" para o Instituto de Política Familiar, a conxuntura no Estado español  é aínda peor. Deste xeito, o texto sinala que é un dos países que menos porcentaxe do Produto Interior Bruto (PIB) destina á familia, con só o 1,4 por cento (fronte ao 2,2 por cento de media na UE e ao 4,1 por cento de Dinamarca, por exemplo).O Estado español é, xunto a Portugal, o país da UE15 que menos diñeiro destina á familia. Outro dato: no que se refire ás prestacións familiares por persoa e ano, o Estado español destina 309 euros, mentres que a media da Unión Europea é de 560, cifra tamén afastada do máximo europeo: Luxemburgo adica 2.935 euros a este efecto.

Permisos de maternidade, por baixo da mediaAdemais, o 60 por cento dos españois asegura que non usan a gardaría porque as consideran "moi caras", o que fai que tan só una de cada sete persoas fagan uso este servizo no Estado español (14,5 por cento). Trátase dun número moi inferior á media da Unión Europea, que se sitúa no 31 por cento das persoas, e aínda menor se se compara con Dinamarca, o país que máis uso fai das gardarías, un 69,6 por cento.Cando unha traballadora ten un fillo, tamén necesita permisos de maternidade. Este aspecto, segundo este estudo, mostra que o Estado español tamén está moi por baixo da media da Unión Europea, pois no noso país danse 16 semanas, mentres que a media da UE sitúase en 27,7. Suecia, pola súa banda, é o que máis permiso dá: máis de 77 semanas de permiso por maternidade.

Conclusións

Con todos estes datos, o estudo conclúe alarmando dun investimento da pirámide poboacional que pode provocar "consecuencias do inverno demográfico que serán catastróficas".E é que, tal e como indica, en Europa prodúcense cada día 14.000 defuncións e 17.000 embarazos, dos que hai 8.000 nacementos matrimoniais e 6.000 extra matrimoniais. Así mesmo, levan a cabo máis de 3.000 abortos. Ademais, o estudo sinala que cada día a Unión Europea celebra 6.000 matrimonios pero, ao mesmo tempo, rompen 2.700 unións.Por isto, insiste en que os problemas da familia se están agravando" e que o panorama futuro "é desolador". Aínda así, si matiza: isto "non quere dicir que a familia se afunda ou que vaia a desaparecer", senón que hai varias materias pendentes.Converter á familia en "unha prioridade política", que se recupere a súa importancia e as súas funcións sociais, que se recoñeza á familia e a maternidade como "alicerces fundamentais" das políticas de igualdade e que se resolvan as súas principais necesidades son, deste xeito, algunhas das súas principais reivindicacións.

 

Fonte: compromisorse.com

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais