Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
21/11/2011
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Só 3 de cada 10 traballadores do Estado español reciben formación nas súas empresas

Formación
Só o 32% dos traballadores recibe algún tipo de formación continua na súa empresa, segundo un estudo realizado por Brainers, a división especializada en formación a medida para empresas do Grupo Constant, que pon de relevo o potencial da demanda de formación para ocupados.

Con estas cifras, o Estado español sitúase lonxe de países como Alemaña, onde o 52% de empregados recibe algunha formación. Os países nórdicos son os que máis aproveitan os recursos destinados á formación, xa que o 70% dos traballadores asisten a cursos. "As nosas empresas apostan pouco pola formación, pero a tendencia vaise corrixindo", explica a directora de Brainers, Gloria Rapadoira.A demanda de formación dirixida prioritariamente a ocupados creceu un 30% en só un ano. De feito, segundo datos da Fundación Tripartita, o número de empresas españolas que participa en programas de formación multiplicouse por 12 desde o 2004.Tras analizar os cursos impartidos desde Brainers, a compalía conclúe que os idiomas son a primeira opción de formación que solicitan os traballadores, cunha de cada tres peticións. A formación en prevención de riscos laborais, as habilidades directivas e a ofimática representan o resto das demandas formativas."Os idiomas e a prevención de riscos son os máis demandados, están a introducirse novos cursos acordes coa demanda real das empresas e a nova normativa que rexe nelas. É o caso dos cursos de interpretación de linguaxe de xordos ou o curso de manexo do desfibrilador semiautomático", explica Rapadoira.Fonte de Datos: yahoo.é

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais