Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
20/4/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

A empresa deberá abonar un recargo do 40% á viúva dun traballador que estivo en contacto con amianto

Amianto
A Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria confirma a sentenza ditada polo Xulgado do Social nº 3 de Santander, que impuxo a recarga ao constatar que a empresa non adoptara as medidas de seguridade vixentes cando o traballador tivo contacto o amianto, nos anos setenta. Esta recarga se abonará sobre a pensión de viuvez dunha muller cuxo home faleceu por mor dunha grave enfermidade pulmonar provocada polo contacto directo con amianto, material co que traballou durante seis anos.

Segundo se relata na sentenza, o traballador estaba en contacto directo con amianto pois parte do seu traballo consistía en proxectar fibras deste material."Os sacos de amianto abríanse polos traballadores, botábanse na tolva e coa mangueira proxectábanse sobre as vigas; nestas operacións, o po do amianto expandíase polo aire" , sinala o texto. "Para paliar os efectos do amianto, a empresa recomendáballes beber leite", medida que, a xuízo do titular do Xulgado do Social nº 3, "non parece ser a medida de seguridade máis idónea". A sentenza tamén indica que "o traballador prestou servizos seis anos para a empresa demandada en contacto co amianto e non se adoptaron as medidas de seguridade correspondentes, cando xa se coñecía -ou debía coñecer- que o contacto con este material podería provocar os efectos perniciosos que desafortunadamente acaeceron" e que "aínda que antes dos anos oitenta non se coñecían as consecuencias directas da inhalación do amianto", si existía "un importante número de normas que impoñían obriga de controis, limpeza e recoñecementos médicos". "Non é desatinado afirmar que se a empresa tivese tomado algunha medida de seguridade (máscaras, equipos de protección individual, máquinas que paliasen os efectos do amianto) ou se os recoñecementos fosen profusos e completos (a nivel pulmonar, por exemplo), a lesión pulmonar do traballador podería non desenvolverse ou a súa manifestación non ser tan virulenta".

O traballador, que padecía un mesotelioma pleural,  tiña recoñecida unha incapacidade permanente absoluta dende abril de 2014, tres meses antes do seu falecemento.

Ligazón á sentenza

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais