Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
20/3/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

A UE obriga a eliminar o radón en lugares de traballo e vivendas

Saúde
A Unión Europea aprobou en 2013 unha directiva (2013/59/Euratom) que está en vigor dende 6/2/2014 e que ten que ser transpuesta polos estados membros antes do 6/2/2018. Por primeira vez obriga aos gobernos para realizar medicións en lugares de traballo situados en áreas de risco e mitigar a concentración de radón nos que se rexistre un mínimo de 300 becquerelios por metro cúbico, unidade de medida utilizada con este gas e que equivale á desintegración atómica que se produce nun segundo. Os países membros deberán ademais introducir requisitos específicos nos códigos de edificación que eviten a entrada deste gas nos inmobles de nova construción e "fomentarán" a súa redución nas casas xa existentes.

 

A Unión Europea recoñece así que a exposición constante ao radón supón un importante risco para a saúde e, tras 30 anos de alertas científicas, obrigará a partir do vindeiro ano a tomar medidas.Nos subsolos graníticos é onde máis radón se xera poie as súas rocas son ricas en uranio, o elemento que da orixe a este gas. Este elemento emite partículas alfa, moi enerxéticas, que impactan de forma continua contra o epitelio pulmonar e multiplican o risco de sufrir cancro, mesmo en maior medida que o fume do tabaco, segundo indican dende o Laboratorio de Radón de Galicia.No Estado español as zonas de maior risco son Galicia (con Ourense e Pontevedra á cabeza), unha área importante de Castela e León, Estremadura, Comunidad de Madrid e certas zonas de Castela A-Mancha, segundo o Consello de Seguridade Nuclear. Os expertos do Laboratorio de Radón de Galicia entenden que é un adianto que por fin se esixa á Administración que protexa aos cidadáns deste axente canceríxeno pero consideran "insuficiente" o "nivel de acción" marcado pola UE (300 becquerelios por metro cúbico), tendo en conta que en Estados Unidos é de 148 becquerelios e que a Organización Mundial da Saúde fixa en 100 becquerelios a fronteira do perigo.Entre as actuacións en marcha, está o grupo de traballo creado polo Ministerio de Sanidade co fin de redactar un plan estatal de actuación contra o radón "en vivendas, edificios públicos e lugares de traballo" o a tramitación ao longo do 2017 por parte do Ministerio de Fomento dun decreto para introducir no Código Técnico para a Edificación "esixencias regulamentarias relativas á protección fronte ao gas radón en edificios residenciais", onde está previsto que se inclúan requisitos para as obras que haxa que realizar en inmobles construídos onde se supere o nivel de referencia que o Goberno español determine, sempre menor ou igual aos 300 becquerelios fixados pola directiva europea.

 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais