Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
20/1/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Traballo máis seguro e saudable a calquera idade: seguridade e saúde no traballo (SST) no contexto dunha man de obra que envellece

EU-OSHA
Proxecto iniciado e financiado polo Parlamento Europeo e realizado pola Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo. No mesmo ofrécese unha visión xeral dos problemas relacionados co envellecemento, o traballo e a SST, así como unha análise das políticas e as iniciativas que abordan o envellecemento da poboación activa en Europa. O proxecto tamén ten en conta o estudo de Eurofound sobre o traballo sustentable.

Este proxecto tivo en conta o estudo realizado por Eurofound sobre traballo sustentable, que pode visualizarse a través da ligazón

Documentos elaborados no marco do proxecto:

Presentación visual interactiva  dos resultados principais do proxecto. Inclúe datos sobre demografía, emprego, condicións de traballo e saúde,  exemplos de SST e de políticas que abordan os problemas do envellecemento da poboación activa.

Traballo máis seguro e saudable a calqueira idade - Informe final de análise xeral:. Recopila as conclusións do proxecto e inclúe indicadores e recomendacións dirixidos a distintos niveis e tipos de destinatarios. Dispoñibles tamén un  Resumo executivo e unha Folla informativa

Envellecemento da poboación activa: consecuencias para a seguridade e a saúde no traballo - unha revisión da investigación. Dispoñibles tamén un Resumo executivo e unha Folla informativa

Mulleres e envellecemento da poboación activa: consecuencias para a seguridade e a saúde no traballo - unha revisión da investigación   Dispoñibles tamén un Resumo executivo e unha Folla informativa

Informe analítico sobre políticas, estratexias e programas da UE e os Estados membros en relación coa poboación e o envellecemento da man de obra..  No informe abordanse os desafíos que presenta o envellecimento da poboación activa para a seguridade e saúde no traballo e outros ámbitos  como emprego e asuntos sociais, saúde e educación públicas. Dispoñibles tamén un Resumo executivo e unha Folla informativa

Rehabilitación e reincorporación ao traballo: Informe analítico sobre políticas, estratexias e programas da UE e os Estados membros.  Dispoñibles tamén un  Resumo executivo e unha Folla informativa

Revisión da investigación sobre rehabilitación e reincorporación ao traballo. Ofrece un resumo xeral dos coñecementos e as recomendacións neste ámbito.

Descripción pormenorizada de nove estudios de casos sobre rehabilitación/reincorporación ao traballo: as descripcións inclúen opinións de expertos, grupos de interés ou persoas participantes.

Traballo máis seguro e saudable a calquer idade - Inventarios por país. Información recopilada a partir de investigacións documentais realizadas por expertos de cada país, ás que se engadiron grupos de debate organizados con intermediarios e expertos en seguridade e saúde no traballo en dez estados membros.

Traballo máis seguro e saudable a calquer idade: análise de boas prácticas no lugar de traballo e necesidades de apoio. Resumo das conclusións extraídas de estudos de casos e investigacións cualitativas.

24 estudios de casos de boas prácticas no lugar de traballo: os estudos de casos inclúen experiencias das personas involucradas nas accións, así como as opinións e as necesidades das pequenas empresas.

Traballo máis seguro e saudable a calquer idade: revisión dos recursos para os lugares de traballo

Guía electrónica multilingüe sobre a xestión da seguridade e a saúde no traballo no marco do envellecemento da poboación activa 

Conferencia de grupos de interés . Celebrada en setembro de 2016; nela foron presentados os principais resultados do proxecto

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais