Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
2/5/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Guía sobre a transición dos EPI da Directiva 89/686/CEE (RD 1407/1992) ao Regulamento (UE) 2016/425

INSHT
A fonte deste tríptico é o documento "Guidance document on the ppe transition from directive 89/686/eec to regulation (eu) 2016/425", publicado pola Comisión Europea e debe considerarse como referencia principal para a interpretación do Regulamento ata que se publique a Guía europea para a aplicación do Regulamento EPI.

O documento inclúe unha serie de preguntas e respostas relativas á transición ao Regulamento que cobren cuestións tanto horizontais como sectoriais, é dicir as comúns a todas as lexislacións UE adaptadas ao NLF e as especificamente relacionadas co Regulamento (UE) 2016/425.

O novo Regulamento de EPI será aplicable a partir do 21 de abril de 2018, excepto os artigos relacionados coa notificación de organismos notificados (artigos 20 a 36), Comité EPI (artigo 44) e sancións (artigo 45). Serán aplicables os artigos a partir do 21 de outubro de 2016 nos dous primeiros casos e a partir do 21 de marzo de 2018 o correspondente a sancións.

Os principais cambios que introduce o Regulamento son:

- Instrumento legal: un regulamento é directamente aplicable fronte a unha directiva que require a transposición nacional.

- Campo de aplicación: inclúense os EPI deseñados e fabricados para a protección fronte á calor de uso privado.

- Requisitos esenciais de saúde e seguridade: ademais de exporse algunhas modificacións menores, os EPI deben proporcionar protección fronte a “os riscos para os que están previstos” e non “fronte a todos os riscos existentes”.

- Categorías de riscos: simplifícanse baseando as definicións só nos riscos fronte aos que o EPI protexe e listas exclusivas de riscos.

- Procedementos de avaliación da conformidade: adáptanse aos módulos do NLF.

- Definicións: novas inclusións de carácter horizontal procedentes do NLF.

- Operadores económicos (fabricantes, representantes autorizados, importadores, distribuidores) e as súas obrigacións: descricións máis detalladas procedentes do NLF.

- Normas harmonizadas e presunción de conformidade: inclúese referencia ao Regulamento (UE) 1025/2012 sobre normalización europea.

- Marcado CE: referencia ao Regulamento (CE) Nº 765/2008.

- Organismos Notificados: inclúense requisitos máis detallados e procedementos que se derivan do NLF.

- Vixilancia do mercado e procedemento de salvaguardia: reforza as actividades e simplifica os procedementos.

- Comité EPI e actos de execución: referencia ao Regulamento (UE) Nº 182/2011 en relación coas decisións da Comisión sobre as obxeccións formais contra as normas harmonizadas, as cláusulas de salvaguardia contra produtos e o cuestionamiento da competencia de organismos notificados.

- Declaración UE de conformidade: inclúese un modelo e contido máis detallado procedente do NLF.

- Certificado de exame UE de tipo: establécense condicións de validez e data de caducidade de 5 anos de acordo ao NLF.

LIGAZÓNS:

"Guía sobre a transición dos EPI da Directiva 89/686/CEE (RD 1407/1992) ao Regulamento (UE) 2016/425".

"Guidance document on the ppe transition from directive 89/686/eec to regulation (eu) 2016/425"

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais