Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
2/2/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Obrigas e criterios xerais de prevención de riscos laborais que deben considerarse na promoción e execución de obras menores

Comisión Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo
En decembro do ano pasado o pleno da Comisión Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (CNSST) aprobou o informe "Análise da sinistralidade e as súas causas en obras menores". Os datos incluídos no devandito informe permiten establecer unha asociación entre os accidentes graves e mortais en obras menores, e a falta de cumprimento por parte das empresas contratistas sobre as súas obrigas en materia de prevención de riscos laborais (PRL). Así mesmo, segundo a CNSST, denótase unha insuficiente implicación dos promotores na integración da PRL na fase de concepción e contratación dos traballos, o que pode supor, entre outros aspectos, a selección de empresas con insuficiente estrutura e xestión preventivas para executar os traballos.

Así pois faise preciso incrementar a sensibilización das empresas que promoven e executan de xeito habitual  obras menores, en relación ás obrigas e criterios xerais que deben seguir en materia de prevención de riscos laborais. Ver nota informativa adxunta da CNSST.

Documentos
NOTA INFORMATIVA Obras Menores_ CNSST.pdf
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais