Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
2/12/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Máis do 20% dos españois está exposto a niveis de ozono por encima do legal

SAÚDE
As estimacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) apuntan a que cada ano hai en España 1.800 mortes prematuras relacionadas coa presenza elevada de ozono troposférico no aire.

Segundo un informe elaborado por Ecoloxistas en Acción, partindo dos datos de 455 estacións de medición de todo o Estado, ao redor de 10,2 millóns de españois, un 21,8% da poboación, viven en zonas nas que, entre 2014 e 2016, superáronse os límites legais de exposición ao ozono troposférico fixados na normativa estatal e a europea.

Estas normas establecen que o nivel para un período de oito horas debe estar por baixo dos 120 microgramos de ozono por metro cúbico de aire e que non debe superarse en máis de 25 días ao ano de media nun período de tres anos.

As recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) son máis estritas que as normas europeas e fixan o límite en 100 microgramos. Se se toma este parámetro, o informe conclúe que 37,3 millóns de persoas -o 80% da poboación- no Estado respiraron durante 2016 aire contaminado por ozono.

As estimacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) apuntan a que cada ano hai en España 1.800 mortes prematuras relacionadas coa presenza elevada de ozono troposférico no aire.

A crise económica conseguiu reducir algúns dos contaminantes atmosféricos clásicos, grazas á caída do tráfico e da actividade industrial. Pero no caso do ozono troposférico non foi así: nos últimos anos converteuse no contaminante atmosférico que afecta a máis persoas e territorios. O ozono non sae das chemineas nin os tubos de escape, pero de aí proceden os chamados precursores que, en combinación coa radiación solar, fan que se forme o ozono nas capas baixas da atmosfera.

Ecoloxistas en Acción lembrou que se deben elaborar plans para reducir a incidencia do ozono cando se superan os límites legais. Pero esta ONG incidiu en que 12 comunidades que deberían telos non os elaboraron.

A conxuntura meteorolóxica, o cambio climático, o repunte do tráfico, a fraude nas emisións dos automóbiles e a aposta gobernamental polas enerxías sucias en detrimento das renovables figuran entre as causas dun problema que afecta de maneira estrutural á saúde da cidadanía, pero tamén aos cultivos e espazos naturais.

Acceso ao Informe “A contaminación por Ozono no Estado español durante 2016”

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais