Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
2/10/2015
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

A pila de hidróxeno: máis económica e máis lixeira que as pilas convencionais

I+D+i
Investigadores da Universidade de Huelva perfeccionaron algúns dos compoñentes da pila de hidróxeno simplificando a tecnoloxía, mellorando as súas prestacións e economizando custos .

Membros do departamento de Enxeñería Electrónica de Sistemas Informáticos e Automática da Universidade de Huelva perfeccionaron algúns dos compoñentes que forman parte dunha pila de combustible –o pila de hidróxeno-, para obter un modelo máis sinxelo, lixeiro, económico e con máis prestacións que os que se comercializan no mercado.

O dispositivo, que produce electricidade a partir de hidróxeno, é dicir, sen emisións de dióxido de carbono (CO2), é considerado polos expertos como a alternativa ecolóxica ás baterías convencionais.

O obxectivo desta investigación é, poñer en mans da industria estatal a información necesaria para que esta tecnoloxía poida aplicarse ao campo da automoción sen depender doutros países como Xapón ou Corea do Sur.

O sistema de refrixeración desta pila é por aire, e está formado por unha serie de ventiladores e sensores de temperatura para controlar o fluxo de aire frío. Ao non haber líquido, como na pila convencional, non se necesitan tubos, válvulas ou bombas que controlen o fluxo  ou a presión. Por tanto, a estrutura da pila simplifícase e faise menos pesada

A corrente de aire que serve para controlar a temperatura utilízase tamén como oxidante, é dicir, o elemento necesario para que se produza a reacción química no interior da batería. Este sistema é ideal para aplicacións de automoción, porque todos os vehículos teñen unha rexilla de entrada de aire para refrixeración e outros usos. O normal é que sexan circuítos separados pero comprobamos que, integrándoos nun só, a efectividade da pila é a mesma, abaratando custos e facilitando a montaxe.

Tamén se modificou a presión de hidróxeno á entrada da pila, sendo así menores os requisitos técnicos incluídos no circuíto onde vai o gas o que leva a que o sistema sexa máis seguro e se traballe con menos perigo.

Coches ecolóxicos

Nun estudo publicado na revista International Journal of Hydrogen Energy recóllense parte destas innovacións tecnolóxicas, poñéndoas a disposición do público  e facilitando deste xeito que calquera fábrica poida acceder a esta tecnoloxía, conseguindo así facilitar a súa construción e non ter que depender de países estranxeiros punteiros nesta materia, como Estados Unidos, Canadá, Corea do Sur ou Japón.

Así, os avances máis importantes producíronse na industria da automoción que está a apostar por coches movidos por pilas de hidróxeno e motor eléctrico. A diferenza entre un coche eléctrico e un de hidróxeno é que o primeiro funciona con baterías que hai que cargar e teñen unha autonomía limitada, e o segundo aliméntase dun depósito de hidróxeno que vai incorporado ao vehículo. En ambos os casos o motor é eléctrico pero o coche impulsado pola pila de combustible pode ter moita máis autonomía, xa que sempre que haxa hidróxeno no depósito, haberá electricidade.

Outra característica importante é que a pila de combustible non emite CO2, a diferenza do coche eléctrico que, dependendo da fonte utilizada para cargar as baterías, pode contaminar o medio ambiente, mentres que o hidróxeno obtense a partir de auga, vento e sol co cal é totalmente ecolóxico.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais