Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
19/6/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Traballar con calor

Hixiene
No verán moitos traballadores/as sobre todo aqueles que traballan ao aire libre son vítimas da calor. Por citar algúns os traballos en obras públicas, na construción, ou na agricultura, levan á exposición dos traballadores/as a temperaturas moi elevadas nos meses máis calorosos. O estrés térmico por calor pode orixinar diversos danos á saúde, desde cambras, deshidratación, esgotamento por calor ou golpe de calor. Este último é irreversible, de suma gravidade e pode chegar a ocasionar a morte.

O estrés térmico corresponde á carga neta de calor á que os traballadores/as están expostos e que resulta da contribución combinada das condicións ambientais do lugar onde traballan, a actividade física que realizan e as características da roupa que levan. A sobrecarga térmica é a resposta fisiológica do corpo humano de dar resposta á calor;  depende de factores propios de cada persoa como a idade, a obesidade, a hidratación, o consumo de medicamentos ou bebidas alcohólicas, o xénero ou a capacidade do corpo para a aclimatación.

En situacións de calor intenso é preciso realizar unha boa planificación de tarefas que eviten as exposicións prolongadas, protexerse con roupas e cremas axeitadas e manter unha dieta e unha hidratación correctas.

Máis información:

Cuando vai calor, esta botella pode salvarte a vida (cartel, INSHT)

¡Que a calor non te queime! (cartel, INSHT)

Traballar con calor (folleto, INSHT)

Golpe de calor (Erga FP nº99 ,2017, INSHT)

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais