Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
19/4/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Determinados aspectos da cultura do país inflúen no nivel de representación da muller nos Consellos de Administración das empresas

Igualdade
Un estudo realizado por profesoras da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Sevilla xunto a investigadores do HEC Montreal e da Universidade de Cádiz revela que determinados aspectos da cultura de cada país son determinantes na representación que acadan as mullleres nos cargos de dirección das empresas, sendo os máis significativos a distancia no poder e a masculinidade.

 

O estudo, publicado no Journal of Business Ethics, traballou con datos de representación nos consellos de administración de 7.302 empresas cotizadas de 32 países en 2011. Segundo indica unha das autoras do estudo: "Para prover unha avaliación específica e relativamente obxectiva da cultura país, usamos catro dimensións propostas polo traballo seminal de Hofstede (1980, 1991, 2000), como indicadores dos valores culturais agregados dunha sociedade que nos permite realizar análises comparativas entre países. Adicionalmente, controlamos outros factores que poden afectar á representación da muller nos consellos, como o tamaño do consello, o sexo do presidente do consello, tamaño da empresa, rendibilidade, sector industrial e códigos de bo goberno".Nos países nos que prevalecen valores como asertividade, desempeño, éxito e competitividade, asociados co rol masculino a proporción de mulleres nos consellos de administración tamén se reduce. Así, sociedades consideradas máis masculinas, que definen os roles de xénero de forma tradicional, teñen unha visión máis pechada sobre a diversidade de papeis que homes e mulleres poden desenvolver dentro da organización.Os países nórdicos como Suecia e Finlandia, con valores culturais baixos en masculinidade e distancia ao poder, teñen a maior presenza de mulleres nos consellos (23,3% e 19,9% respectivamente). Mentres que Xapón con valores culturais altos, sobre todo en masculinidade, presenta a porcentaxe máis baixa (2,1%). O Estado español sitúase na escala de Hofstede con valores medios en ambas as dimensións, alcanzado 9,2%. "Hoxe día podemos constatar os esforzos que os diversos gobernos están a levar a cabo para promover as políticas de paridade. Estes esforzos institucionais fannos reflexionar sobre os fortes cambios culturais que se haberán de producir en moitos países ou, noutro caso, a dificultade de cumprir coas políticas establecidas, ou mesmo, a pouca efectividade da súa aplicación", indica unha das investigadoras.

 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais