Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
19/4/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Mapas que amosan onde e por canto tempo o carbono se almacena en prantas, árbores e solos

Medio ambiente
Científicos da Universidade de Edimburgo, do JLP (Jet Propulsion Laboratory) da NASA, en Pasadena, California e da Universidade de Wageningen nos Países Baixos, publicaron un estudo, nas Actas de la Academia Nacional de Ciencias, que analiza unha década de datos de satélite e de campo desde 2001 ata 2010. A partir destes datos os investigadores construiron mapas que amosan onde e por canto tempo se almacena o carbono nas prantas nas árbores e nos solos.

Un dos autores do estudo indicou que: "os nosos achados son un paso importante cara ao uso de imaxes de satélite para descifrar como funcionan os fluxos de carbono a través dos ecosistemas naturais da Terra. Estes resultados axudarannos a entender como vai responder o equilibrio natural do carbono da Terra ás perturbacións humanas e o cambio climático".

Aínda que se coñece que os ecosistemas naturais da Terra absorben e procesan grandes cantidades de dióxido de carbono, sábese moito menos sobre onde se almacena o carbono ou o tempo que permanece alí.

Os mapas obtidos revelan como as propiedades biolóxicas das follas, raíces e madeira en diferentes hábitats naturais afectan á súa capacidade de almacenar carbono en todo o mundo e amosan que algúns ecosistemas reteñen moito máis carbono que outros. Así, as grandes franxas dos trópicos secos almacenan carbono durante un tempo relativamente curto, debido aos frecuentes incendios, mentres que en climas cálidos e húmidos, o carbono almacénase máis tempo na vexetación e nos solos.

Unha mellor comprensión de como se almacena o carbono permitirá aos investigadores predicir con maior precisión os efectos do cambio climático.

Pode atoparse máis información na ligazón http://www.nasa.gov/earth

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais