Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
19/12/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Deseñan unha tea que pode quentar o refrixerar a quen a viste

I+D+i
Este material foi deseñado por un equipo dirixido un profesor de ciencia de materiais e enxeñería de Standford, interesado na eficiencia enerxética e con gran experiencia na manipulación de materiais a nanoescala. A motivación foi buscar o xeito de que as persoas puidesen manterse nun rango de temperaturas confortables, o que podería traducirse en aforros en aire acondicionado e calefacción.
No 2016 o equipo anunciou un primeiro paso cara a unha solución que ampliase o rango de temperatura que o propio corpo humano, sexa suando ou tiritando, é capaz de adaptar. Desenvolveron un tecido a partires dun material opaco e transpirable que afastaba a radiación infravermella do corpo, o que permitía arrefriar a pel. Nas probas de laboratorio, o tecido mantiña a pel artificial dous graos máis fría que unha tea de algodón. Posteriormente traballaron sobre se a capacidade de controlar a radiación podería funcionar en ambos os sentidos; así deseñaron un tecido con dúas capas de diferentes propiedades separadas por un capa de polietileno de enfriamento; empregaron unha capa de cobre para atrapar a calor entre a capa de polietileno e a pel e unha capa de carbono que libera calor debaixo doutra capa de polietileno. Se empregamos a capa de cobre cara a fóra o material atrapa a calor e permite quentarse nos días fríos. Coa capa de carbono cara a fóra, o tecido libera calor e mantén fresco ao usuario. A combinación permite aumentar o rango de temperaturas confortables en máis de 5,5 graos. A tea de cor branca, aínda non se comercializa.A innovación, deuse a coñecer nun artigo publicado en novembro de 2017 en Science Advances; para acceder a él podes seguir esta ligazón.A imaxe que acompaña a esta nova está extraída do artigo.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais