Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
19/10/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Sinistralidade laboral dos traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. Informe xaneiro - xuño 2017

INSSBT
Neste informe analizáronse 8.059 Accidentes de Traballo con baixa ocorridos entre xenairo e xuño de 2017, en traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. Destes, 7.297 ocorreron en xornanda de traballo e 762 ao ir ou voltar do traballo.

Dos 7.297 Accidentes de Traballo en xornada de traballo:

Rexistráronse 5 accidentes mortais que se distribuíron nas seguintes actividades: “Outros traballadores das obras estruturais de construción”, “Operadores en intalacións de tratamento e transformación de madeira, papel, productos de caucho…”, “Outros operadores de instalación e maquinaria fixas”, “peóns agrícolas” e “peóns das industrias manufactureiras” e 18 graves, dos que 9 se deron en peóns de insdustrias manufactureiras.

Un 77,5% dos accidentados foron homes e un 22,5% mulleres.

Na distribución por sector dos accidentes de traballo destaca en primeiro lugar Industria co 4849% dos accidentes, seguido de Servizos con 32%, o sector Agrario co 18,9% e a Construción co 0,7%.

En relación con 2014 e 2015, obsérvase un incremento progresivo dos índices de incidencia que afecta, comparativamente, a xaneiro, marzo, maio e xuño.

Ligazón: Sinistralidade laboral dos traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. Informe xaneiro - xuño 2017

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais