Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
19/1/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

A xestión eficaz da idade é clave para as empresas, segundo un informe de Eurofound

EU-OSHA
As denominadas revisións a metade de carreiria, MCR, nas que empregadores/as organizan unha avaliación dos traballadores/as no lugar de traballo no que se considera que é o punto medio da súa vida laboral, poden mellorar a vida laboral dun empregado/a segundo este novo informe de Eurofound. As MCR poden mellorar a vida laboral de traballadores/as e axudar a abordar o desafío do envellecemento demográfico de Europa.

Un dos retos que plantexa o envellecemento demográfico é o de manter as persoas durante máis tempo no entorno laboral sen afectar negativamente a súa saúde, sobre todo nos casos de de traballos que requiren altas esixencias físicas ou psicolóxicas.   Neste texto abórdase como as revisións a metade de carreira, MCR, poden desempeñar un papel clave na vida laboral de traballadores/as no sentido de aclarar as opcións de permanecer no traballo ata unha idade de xubilación máis elevada. Logo da exploración de traxectorias e transicións de carreira, o informe céntrase nos traballos arduos, considerando a súa incidencia en Europa e as implicacións que este tipo de traballo ten para a sostibilidade da carreira profesional. No texto analízanse tres casos, procedentes de Bélxica, Francia e Reino Unido, nos que se visualizan avaliacións a metade de carrera realizadas como proxectos piloto ou como unha reforma lexislativa.

Ligazón ao texto Entornos cambiantes:revisión a metade de carreira e mobilidade interna (en inglés)

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais