Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
18/9/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

As grandes empresas deberán informar das súas medidas de igualdade

ANTEPROXECTO DE LEI
As grandes empresas terán que informar publicamente cada ano das decisións que tomen sobre igualdade de xénero, protección do medio ambiente, dereitos humanos ou loita contra a corrupción. Xunto ao informe anual sobre resultados que están obrigadas a presentar, terán que redactar outro sobre o impacto ambiental e social das súas actividades.

Así consta no borrador do Anteproxecto de Lei sobre información non financeira das grandes empresas aprobado polo Consello de Ministros.

Segundo o borrador, que foi enviado ao consello de Estado para que emita o seu ditame antes de que se inicie a tramitación parlamentaria, as grandes empresas terán que incluír esta nova información no informe anual de xestión que acompaña ás contas ou no informe de goberno corporativo, no caso das empresas cotizadas. Segundo o texto, teñen consideración de grandes empresas todas aquelas con unha media superior a 500 traballadores nun exercicio ou as que durante dous exercicios seguidos cumpran dous destes requisitos: ter activos por máis de 20 millóns de euros, facturar máis de 40 millóns de euros ou que a media de traballadores sexa superior a 250.

En concreto, respecto das cuestións sociais, as empresas estarán obrigadas a informar das medidas adoptadas para asegurar a igualdade de xénero, sobre as condicións de traballo e a seguridade no mesmo, sobre o diálogo social e o respecto aos dereitos sindicais e sobre as medidas de diálogo e protección coas comunidades locais onde a empresa opera. Tamén deberán informar sobre as políticas relativas aos dereitos humanos e contra a corrupción.

Ademais, as grandes empresas deberán detallar os efectos “actuais e previsibles” da súa actividade sobre o medio ambiente e sobre a saúde e a seguridade. É dicir, deberán explicitar o seu consumo de enerxía e auga, as súas emisións de gases de efecto invernadoiro e a contaminación atmosférica que poidan producir.

O anteproxecto, que foi enviado ao Consello de Estado para que emita o seu ditame antes de pasar á súa tramitación parlamentaria, servirá para que España cumpra coa directiva europea que tenta medir o impacto social das empresas.

 

Fonte: O País

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais