Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
18/5/2015
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

A muller na xestión empresarial

OIT
Informe realizado pola Oficiña de Actividades para os Empregadores (ACT/EMP) da OIT, co obxecto de amosar os beneficios que poden obter as empresas que recoñecen e apoian o talento das mulleres. O documento destaca a importancia que para o crecemento económico e o desenvolvemento ten a presenza da muller no mundo laboral tanto a nivel social como empresarial.

No informe pode atoparse información actualizada sobre a muller na xestión empresarial. A pesares de que o nivel educativo das mulleres supera ao dos homes en case todas as rexións, de cada vez están máis presentes nas direccións das empresas e de que adoptan decisións sobre gastos de consumo,  aínda deben superar importantes trabas para chegar a ocupar cargos directivos nas empresas, quedando apartadas das principais decisións económicas. No documento examínanse iniciativas destinadas a cuestionar os estereotipos de xénero, determinadas culturas empresariais e as escasas medidas de conciliación entre traballo e familia; así mesmo, tamén se incita a observar traxectorias profesionais de homes e mulleres co fin de detectar e eliminar prexuízos sexistas.

Aínda que o recoñecemento das capacidades das mulleres no traballo está por conquerir, no informe saliéntanse os recursos, estruturas creadas e boas práticas existentes que fan que se progrese lentamente neste eido.

Ligazón á  Versión resumida do Informe Mundial: A muller na xestión empresarial. Cobrando impulso (44 páxinas. 3,5 Mb)

 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais