Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
18/3/2011
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Avaliación e intervención psicosocial

Xornada Técnica
O pasado día 16 de marzo desenvolveuse no Centro de Seguridade e Saúde Laboral de A Coruña a Xornada Técnica "Avaliación e intervención psicosocial" que contou coa presencia dos Técnicos do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo Ángel Lara Ruíz e Sofía Vega Martínez entre outros.

Participaron como ponentes na xornada  Rocío Seoane Farré, Técnica de Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada do ISSGA, os Técnicos da Unidade Técnica de Ergonomía e Psicosocioloxía do INSHT Ángel Lara Ruíz e Sofía Vega Martínez e Carlo Alberto Berto , Coordinador do Servizo de prevención alleo MUGATRA.

A ponencia de Rocío Seoane tratou sobre a evolución da prevención dos riscos psicosociais dende a entrada en vigor da LPRL ata a actualidade. Incidiu na falta de avaliación dos factores psicosociais que relacionou con factores organizacionais e resumiu as posibilidades de actuación na clarificación de rol (tarefas e responsabilidades) para os membros da organización, posibilidade de promoción, flexibilidade de horarios e a retroalimentación.

Ángel Lara presentou F-Psico 3.0 , revisión e actualización do método de avaliación de avaliación de riscos psicosociais do INSHT. Este método  contén un cuestionario de 86 items repartidos en nove factores (tempo de traballo, autonomía, carga de traballo, demandas psicolóxicas, variedade/contido, participación/supervisión, interés polo traballo/compensación, desempeño de rol, relacións e apoio social)para  a identificación de riscos psicosociais, ficha de identificación de condicións previas, ficha de posibles indicadores de efectos sobre a organización, gráficos para a presentación de resultados e plantillas para propostas de intervención e implantación de medidas nas que se establece qué facer, cómo facelo, e o seguimento da planificación prevista.

Sofía Vega falou do proxecto do INSHT que ten como obxectivos a  identificación e selección de casos representativos en materia de risco psicosocial, o seu análise e a difusión de resultados, que se realizará a través da oferta formativa do INSHT, da publicación dun texto no que se recollen nove casos prácticos e da creación dun sistema permanente para a detección, análise e difusión de experiencias nesta materia. Así mesmo, a ponente contextualizou a intervención psicosocial expoñendo que non existe lexislación específica, que faltan obxectivos concretos en estratexias ou políticas en materia psicisocial, o predominio da perspectiva individual e a dificultade para pasar do diagnóstico á acción. Sofía Vega enumerou os factores de éxito para a intervención psicosocial: implicación dos traballadores, compromiso da alta dirección ao longo de todo o proceso, planificación da intervención, solucións a medida construídas entre todos/as os axentes implicados na organización e a normalización do risco psicosocial.  Rematou a exposición falando das limitacións ás que se enfrenta a intervención psicosocial: a anáise de custes e a falta de seguimento e avaliación da intervención.

Para concluír a xornada Carlo Alberto Berto falou da problemática coa que se atopa o Técnico/a de prevención para desenvolver o seu traballo na materia que nos ocupa.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais