Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
18/1/2018
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Proposta para restrinxir as substancias perigosas en tintas de tatuaxe e maquillaxe permanente

Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas, ECHA
A proposta da Comisión Europea a Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas (ECHA), xunto ás autoridades competentes de Dinamarca, Italia y Noruega, ven de avaliar os riscos relacionados coas substancias químicas asociados coas tintas empregadas en tatuaxes e maquillaxe permanente, a necesidade de acción en toda a Unión e os impactos socioeconómicos relevantes.
O obxectivo da proposta é regular as substancias perigosas presentes nas tintas de tatuaxe para que sexan seguras para as persoas. A proposta suxire restrinxir o uso intencional ou o límite de concentración de aproximadamente 4.000 substancias cando están contidas en tintas de tatuaxe. Aparecen incluídas substancias xa prohibidas en produtos cosméticos ou suxeitas a certas clasificacións harmonizadas, como carcinóxenos ou sensibilizadores da pel. A proposta ten en conta impactos socioeconómicos na industria e as persoas que se fan tatuaxes. A ECHA ten previsto realizar nun prazo breve unha consulta pública durante seis meses sobre a restrición proposta, de xeito que os interesados e o público en xeral poidan formular comentarios  sobre a mesma e sobre os seus impactos. Espérase que os Comités de Avaliación de Riscos e Análises Socioeconómico de ECHA emitan unha opinión experta sobre a proposta a finais de 2018, ao que seguirá un proxecto de decisión da Comisión Europea sobre este tema. Achegamos ligazóns á proposta de restrición elaborada pola ECHA.

PROPUESTA DE RESTRICCIÓN

APÉNDICE

ANEXOS

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais