Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
17/4/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Manipulación de contedores fumigados nos portos: riscos para a saúde e prácticas de prevención.

EU-OSHA
Estudo elaborado por EU- OSHA que analiza os riscos aos que están expostos os traballadores/as ao abrir os contedores fumigados. O traballo identifica as lagoas existentes nas medidas de prevención e elabora unha serie de recomendacións para mellorar a saúde e a seguridade dos traballadores/as.

Os contedores de carga reciben con frecuencia un tratamento con pesticidas para evitar danos nas mercadorías. Os axentes empregados, como a fosfina ( PH3), o bromuro de metilo ( MeBr) e o formaldehído, posúen propiedades tóxicas ou irritantes coñecidas que poden afectar a longo prazo o sistema cardiovascular e ao sistema nervioso central. O informe indica que se subestima a exposición a estos axentes que poden sufrir os/as  traballadores/as portuarios que abren os contedores, pois só en algúns casos consta que se aplicaran medidas estandar de saúde e seguridade e de documentación para a protección dos traballadores/as.

O informe foi elaborado como resposta a unha necesidade identificada polo comité de diálogo social sectorial da Comisión Europea e describe unha serie de problemas entre os que se inclúen: 

- Raramente se coloca unha etiqueta aos contedores fumigados para indicar que foron fumigados.

- Os procedementos de seguridade ao abrir e descargar os contedores fumigados resultan insuficientes.

- Non levan a cabo as avaliacións de riscos axeitadas.

- Falta un protocolo de detección claro e normalizado para detectar residuos de fumigantes.

- Existe un déficit na xeración de informes sobre os incidentes con efectos prexudiciais para a saúde.

O informe inclúe accións, estratexias e recomendacións:

- Non abrir os contedores ata que unha avaliación de riscos determine que é seguro facelo. Poderíase basear en documentos de transporte ou en medicións aprobadas da atmosfera do contedor, se fose necesario tras ventilalo. - Empregar equipos de supervisión e aplicar procedementos de detección normalizados que sexan axeitados para os contedores fumigados. As ferramentas empregadas para a detección deben poder identificar MeBr e PH3 (e, se é posible, outros fumigantes) coa sensibilidade suficiente para detectar con precisión un nivel de, polo menos, un 10 % do límite de exposición profesional. - Aplicar a lexislación en materia de etiquetaxe de contedores fumigados. Necesítase un enfoque uniforme en todos os portos europeos para evitar a competencia á conta da saúde e a seguridade. - Identificar os contedores que poderían comportar un risco para a saúde dos traballadores/as: fai falla un proceso de etiquetaxe claro e normalizado (incluído o uso de símbolos cando exista unha posible barreira lingüística). - Crear e aplicar procedementos normalizados para a liberación de gases (substituír o aire) e a ventilación dos contedores fumigados. - Distribuír información que conteña directrices sobre o equipo de protección persoal e a avaliación de riscos; todos os traballadores/as que poidan estar expostos aos contedores fumigados deben poder entender a información con facilidade.

Ligazóns

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais