Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
17/2/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Traballar en calquera momento e en calquera lugar: consecuencias no ámbito laboral

OIT - Eurofound
Este informe sintetiza unha investigación realizada por ambas organizacións en 15 países, incluíndo a dez países da Unión Europea (Alemaña, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Hungría, Italia, os Países Baixos, Suecia e o Reino Unido) así como Arxentina, Brasil, Estados Unidos, India e Xapón. O estudo identifica diversos tipos de empregados que usan as novas tecnoloxías para traballar fóra dos locais da empresa, como os teletraballadores que traballan regularmente na súa casa, traballadores que ocasionalmente realizan teletraballo ou o traballo móbil, T/TICM.

O informe sinala efectos do traballo T/TICM, entre os que se atopan unha maior autonomía sobre o horario de traballo, que permite organizar a xornada laboral con máis flexibilidade, un menor tempo de desprazamento ao lugar de traballo, que mellora o equilibrio entre a vida laboral e persoal, e unha maior produtividade. Tamén identifica desvantaxes como a tendencia para traballar máis horas, e a superposición entre o traballo remunerado e a vida persoal, o cal pode xerar niveis de tensións máis altas. O informe establece unha distinción clara entre os teletraballadores/as que traballan na súa casa "que parecen conciliar mellor a vida laboral e persoal" e os traballadores "moi móbiles" quen está máis expostos a efectos negativos sobre a súa saúde e benestar.

Ligazón ao informe Traballar en calquera momento e en calquera lugar: consecuencias no ámbito laboral

(resumo en castelán, informe íntegro en inglés)

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais