Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
16/3/2012
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Todalas carreiras terán unha materia de riscos laborais

Formación
O coordinador da Comisión Nacional de Prevención de Riscos Laborais no ámbito universitario e conselleiro técnico da Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Educación, Felipe Batuecas, presentou no Centro de Estudos Avanzados da USC o acordo estatal para a adaptación da lexislación de prevención de riscos laborais ás universidades, o que permitirá desenvolver unha política específica nun ámbito que, polo menos, no universitario está «no inicio».

Este Acordo do Consello de Universidades en materia de Prevención de Riscos Laborais no ámbito universitario, adaptará a LPRL a todas as Universidades, tanto públicas como privadas.

Así todas as Universidades regularanse nesta materia, que até agora se regulaba coa Lei Xeral, aplicando aspectos concretos a este sector, como auditorías de xestión de prevención de riscos, cunha moratoria de cinco anos, a partir dos cales se realizarán as mesmas cada catro anos.

Outra novidade é que todas as carreiras terán unha materia sobre prevención de riscos laborais. Os proxectos de investigación deberán tamén contar cun programa de identificación de riscos laborais, dos que informarán os servizos de prevención. E para participar en calquera programa internacional deberase incluír un anexo cun plan de prevención.

Así mesmo, o coordinador afirma que as universidades recuperarán as competencias de formación, acreditación e titulación en técnicos superiores e másteres. "Existen 37 másteres oficiais en prevención de riscos laborais, o que significa que son titulacións que contan con prezos públicos e verificadas pola Aneca (Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación).

 

Fonte de Datos: La Voz de Galicia

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais