Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
16/12/2016
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Fichas de control de axentes químicos

INSHT
O INSHT ven de traducir ao español as fichas de consellos básicos desenvolvidas polo Health and Safety Executive (HSE) do seu modelo COSHH Essentials. Estas fichas ofrecen consellos sobre prácticas de traballo básicas para axudar a controlar a exposición a sustancias químicas perigosas na contorna laboral. Hai dous tipos de fichas: as xenéricas, nas que se recomendan catro grupos de controis que conteñen accións co fin de reducir a exposición e outras específicas dirixidas a sectores industriais determinados, nas que se ofrece axuda aos profesionais do sector para o control da exposición a sustancias perigosas e a protección da saúde dos traballadores/as.

Os catro grupos de fichas xenéricas preséntanse codificadas, a serie 100 comprende consellos de ventilación xeral; a serie 200, medidas técnicas de extracción localizada; a serie 300,  medidas de contención e a serie 400 "especial" indica que se precisa o consello dun experto posto que a situación de traballo que se está analizando precisa de recomendacións máis específicas e especializadas. Inclúense outras fichas na serie codificada S (do inglés skin) que conteñen consellos para reducir a exposición a sustancias que poden causar dano por contacto coa pel e cos ollos a niveis aceptables.

Polo momento están dispoñibles a serie 100 "Ventilación xeral" e parte da serie 200 "Control técnico".

Serie 100: Ventilación xeral

Serie 200: Control técnico

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais