Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
16/12/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Cancro de esófago vinculado á exposición ao amianto

Sentenza
Na sentenza un xuíz de Barcelona recoñece o cancro de esófago como unha enfermidade laboral por exposición ao amianto, a pesares de que a doenza non aparece no baremo oficial de enfermidades profesionais. Segundo o xuíz, "non se pode dicir que se unha enfermidade concreta non está na listaxe de enfermidades profesionais non o é, senón que se ha de ter en conta os coñecementos actuais e os criterios científicos".

Así mesmo o xuíz indica na sentenza que hai "suficientes evidencias científicas que poñen de manifesto que a neoplasia de esófago ten relación coa exposición a amianto" e que aínda que o traballador estivo exposto a outros factores de risco de desenvolver cancro e esófago, pois era fumador, o tabaco "non é unha causa senón que actúa como efecto multiplicador" nas enfermidades derivadas da inhalación de asbesto.

A sentenza apela tamén a un fallo anterior do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) no que se admite que teñen que ser recoñecidas como enfermidades profesionais derivadas da inhalación de amianto varios tipos de cancros que non aparecen na relación de enfermidades profesionais.

A demanda foi presentada pola viúva do falecido, que traballou máis de 20 anos na fabricación de amianto, e obriga ao Instituto Nacional da Seguridade Social a incrementarlle a pensión de viuvez.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais