Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
16/1/2018
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Campaña "Traballos saudables: alerta fronte a substancias perigosas"

EU-OSHA
Nova campaña da EU- OSHA centrada na prevención dos riscos por exposición a substancias perigosas. Segundo se indica na guía da campaña, aínda que nas últimas décadas, substancias como o asbesto (que causa graves enfermidades pulmonares) ou o cloruro de vinilo (que causa cancro de fígado), foron prohibidas, restrinxidas ou sometidas a un estrito control regulamentario as substancias perigosas continúan a ser un importante problema de seguridade e saúde nos lugares de traballo.
As grandes empresas empregan a miúdo máis de 1,000 produtos químicos diferentes, como pinturas, tintas, pegamentos ou limpadores. Habitualmente estos produtos consisten nunha mestura de varias substancias químicas. Incluso pequenas empresas como talleres de reparación de automóbil poden empregar un número similar. Nalgúns sectores, como a construción, decenas de miles de produtos químicos están dispoñibles no mercado para unha gran variedade de tarefas. Dependendo das tarefas, un só traballador/a pode entrar en contacto con algúns centos de substancias químicas diferentes.Ligazón á web da campaña Traballos saudables. Alerta fronte a substancias perigosas
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais