Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
15/3/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Denegación incapacidade permanente logo de ser despedido por ineptitude sobrevida

Sentenza
Este caso refírese a un condutor de camións que padece diversas doenzas e limitacións funcionais derivadas de enfermidade común que motivaron o seu despedimento por ineptitude sobrevida, logo de que o Servizo de Prevención que realizaba as tarefas de Vixilancia da Saúde o declarase NON APTO. Posteriormente, o traballador solicita o recoñecemento dunha Incapacidade Permanente Total, por estimar que logo da declaración de non apto por parte do Servizo de Prevención está impedido para o desempeño da súa profesión, extremo que o INSS denega, non recoñecendo ningún grao de incapacidade.

A sentenza indica que "dado que a profesión do actor é a de condutor de furgonetas ou camións, a cal é de carácter sedentario, sen que sexa necesaria a realización de esforzo, pois a carga do vehículo non é unha das obrigacións profesionais do condutor, non cabe apreciar a existencia de impedimento para levar a cabo toda ou as máis relevantes tarefas que son características da mesma, polo que non concorren os requisitos que establece o artigo 137.4 da LGS para que proceda a declaración de incapacidade permanente total".

Arguméntase que "a relación laboral extinguiuse, por causa obxectiva, ao ser declarado non apto polo servizo de prevención de riscos laborais da empresa, pero tal dato, por si só, non permite alcanzar conclusión contraria, pois a declaración de falta de aptitude prodúcese en función de limitacións funcionais diferentes ás que foron valoradas no presente expediente, entre elas algunhas dependentes das propias manifestacións do traballador (perda de audición e de visión, dor intensa xeneralizada en músculos e articulacións, membro superior esquerdo paralizado), que non se constatan obxectivamente".

Ligazón á sentenza 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais