Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
15/2/2018
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O espazo de traballo ideal non depende só do ruído, senón que tamén e especialmente das interrupcións

SAÚDE
Novas investigacións demostraron que poida que non sexa o son en si mesmo o factor principal que nos distrae, senón que o principal sexa quen ou que o está a facer. De feito, un certo nivel de murmurio de oficina en segundo plano podería beneficiar á nosa capacidade para realizar tarefas creativas, a condición de que non nos involucremos na conversa. En lugar dun silencio total, o ambiente de traballo ideal para as tarefas creativas ten un pouco de ruído de fondo.

Existen unha serie de estudos que examinan o efecto do son no cerebro e revelan por que a súa estratexia funciona. De investigacións anteriores, sabemos que o principal problema dos/as traballadores/as coas oficinas abertas ou cheas de cubículos é o ruído non desexado.

Novas investigacións demostraron que poida que non sexa o son en si mesmo o factor principal que nos distrae, senón que o principal sexa quen ou que o está a facer. De feito, un certo nivel de murmurio de oficina en segundo plano podería beneficiar á nosa capacidade para realizar tarefas creativas, a condición de que non nos involucremos na conversa. En lugar dun silencio total, o ambiente de traballo ideal para as tarefas creativas ten un pouco de ruído de fondo. Ese é o motivo de que poidamos concentrarnos moi ben nunha cafetería ruidosa, pero apenas sexamos capaces de facelo nunha oficina ruidosa.

Un estudo publicado no Journal of Consumer Research, atopou que o nivel correcto de ruído ambiental provoca que as nosas mentes pensen de maneira máis creativa. Un equipo de investigación, liderados polo profesor da Universidade de Illinois Urbana- Champaign (EE. UU.) Ravi Mehta, examinou a reacción dos participantes a varios niveis de ruído mentres completaban probas de pensamento creativo. Os participantes foron asignados aleatoriamente a catro grupos e pedíuselles a todos que completasen unha Proba de Asociacións Remotas (unha medida comunmente utilizada que xulga o pensamento creativo ao pedir aos participantes que atopen a relación entre unha serie de palabras que, a primeira vista, parecen non estar relacionadas). Dependendo do grupo, os participantes estiveron expostos a varios niveis de ruído de fondo, dende o silencio total ata 50, 70 e 85 decibelios. As diferenzas entre a maioría dos grupos foron estatisticamente insignificantes; con todo, os participantes no grupo de 70 decibelios (aqueles expostos a un nivel de ruído similar á charla de fondo nunha cafetería) superaron significativamente aos outros grupos. Como os efectos foron pequenos, isto pode suxerir que o noso pensamento creativo non difire moito en resposta ao silencio total e a 85 decibeis de ruído de fondo (o equivalente a un triturador de lixo ruidoso ou a unha motocicleta silenciosa).

Como (presumiblemente) ninguén quere traballar xunto a estes elementos de ruído, este resultado sorprendeu. Os resultados do estudo a 70 decibelios si que foron significativos, así que a investigación tamén suxire que o nivel adecuado de ruído de fondo (nin demasiado alto nin o silencio total) pode aumentar a capacidade do pensamento creativo. O nivel adecuado de ruído de fondo pode interromper os nosos patróns normais de pensamento o suficiente como para permitir que a nosa imaxinación se desvíe, sen imposibilitar que nos concentremos. Este tipo de "enfoque distraído" parece ser o estado óptimo para traballar en tarefas creativas. Como escriben os autores, "meterse nun ambiente relativamente ruidoso pode desencadear que o cerebro pense en abstracto e, por tanto, xere ideas creativas".

Noutro estudo os investigadores utilizaron electroencefalogramas do lóbulo frontal (EEG) para estudar as ondas cerebrais dos participantes que completaron as probas de creatividade mentres estaban expostos a varios ambientes sonoros. Os investigadores atoparon cambios estatisticamente significativos nas puntuacións de creatividade, e unha conexión entre esas puntuacións e certas ondas cerebrais. Do mesmo xeito que no estudo anterior, un certo nivel de ruído branco demostrou ser o son de fondo ideal para as tarefas creativas.

A charla dos/as compañeiros/as e o suave murmurio da climatización debería axudarnos a concentranos. O problema pode ser que nas nosas oficinas, non podemos evitar deixarnos arrastrar ás conversacións dos demais nin que nos interrompan mentres tentamos concentrarnos. De feito os investigadores do EEG descubriron que as interaccións cara a cara, as conversacións e outras interrupcións afectan negativamente o proceso creativo. Pola contra, un espazo de traballo ou unha cafetería proporciona un certo nivel de ruído ambiental e, ao mesmo tempo, posibilita estar libre de interrupcións.

En conxunto, a lección que se pode extraer é que o espazo ideal para un traballo en concentración non é aquel libre de ruído, senón aquel libre de interrupcións. Atopar un espazo no que esconderse, independentemente do ruidoso que sexa, pode ser a mellor estratexia para asegurarse de poder facer o traballo importante.

Fonte: Harvard Business Review

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais