Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
14/6/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Inclusión do cancro de pulmón por exposición a sílice como enfermidade profesional.

Ministerio de Emprego e Seguridade Social
O Ministerio de Emprego e Seguridade Social ven de incorporar á súa páxina de "Participación pública en proxectos normativos" o texto que precede á elaboración da norma que incluirá o cancro de pulmón por exposición ao sílice como enfermidade profesional. A través desta páxina poderase valorar e opinar durante un período de tempo limitado sobre a actualización do cadro de enfermidades vinculadas co ámbito laboral. Unha adaptación que supón o recoñecemento da esixente contorna no que desenvolven a súa actividade as persoas en contacto co sílice.

Así, está dispoñible un documento no que constan os antecedentes da norma, os problemas que pretende solucionar, a necesidade de que se aprobe, os obxectivos e as alternativas regulatorias e non regulatorias.

O prazo para a presentación de aportacións remata o 27 de xuño.

Ligazón á páxina "Participación pública en proxectos normativos" do Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais