Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
14/3/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Real Decreto 130/2017, de 24 de febreiro, polo que se aproba o regulamento de explosivos

Lexislación
Aquí se regulan aspectos relativos á seguridade cidadá e industrial, como o almacenamento, distribución, comercio, transporte, medidas de seguridade, adquisición, tenencia e uso dos explosivos con fins civís. En canto a aspectos laborais, establece medidas no ámbito da prevención de riscos laborais na fabricación, manipulación, envasado e transporte dos explosivos.

 

Entre as novidades atópase o estabelecento dunha repartición clara das obrigas de fabricantes, importadores e distribuidores na cadea de subministración e distribución, a actualízación dos requisitos esenciais de seguridade que deben cumprir os produtos para obter a marcado CE, necesario para a súa posta no mercado comunitario, e obrígase a cumprir os requisitos de trazabilidade dos explosivos.Regúlanse por primeira vez as fábricas móbiles de explosivos, que estarán constituídas por Unidades Móbiles de Fabricación de explosivos (MEMUs) e por un depósito de produtos terminados, integrado ou non nunha fábrica fixa.Outra novidade é que as fábricas de armas de guerra que incorporan explosivos quedan incluídas no ámbito de aplicación deste Regulamento.Ligazón ao texto publicado no BOE ao RD 130/2017 de 24 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de Exposivos

 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais