Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
14/11/2013
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Alemaña: maior incidencia nas mulleres dos trastornos relacionados co traballo

SAÚDE LABORAL
O Instituto Federal alemán para a Seguridade e Saúde no Traballo (Bundesanstalt für Arbeitsschutz und Arbeitsmedizin, BAuA) en cooperación co Instituto Federal para a Formación Profesional (Bundesinstitut für Berufsbildung BIBB) realizou en 2012 unha enquisa na que se entrevistou a 20.036 traballadores cunha xornada de traballo superior a 10 horas/semana e de cuxos resultados se deduce que as mulleres se ven afectadas por enfermidades relacionadas co traballo con maior frecuencia que os homes.

A enquisa incluía tanto preguntas sobre o traballo en si (coñecementos requiridos, esixencias da tarefa, carga de traballo, condicións de traballo...) como sobre os niveis de estrés e outros problemas de saúde que os enquisados considerasen asociados ao seu traballo.

A análise realizouse só para os traballadores e traballadoras a tempo completo, porque as diferenzas nas ocupacións de homes e mulleres a tempo parcial non permiten unha comparación axeitada.

As mulleres manifestan unha maior incidencia de trastornos musculoesqueléticos, problemas de visión, mareos, dor de cabeza, fatiga, estrés, trastornos do sono, esgotamento físico e psicolóxico, así como tose, irritación da pel e os ollos e trastornos cardíacos.

En xeral, as mulleres valoran a súa saúde en relación co traballo peor que os homes e en coherencia con iso requiren máis a miúdo tratamento médico que os homes cando se presentan problemas de saúde relacionados co traballo.

O informe do estudo achega gran cantidade de datos numéricos sobre as características do traballo realizado, as condicións ambientais, as características da tarefa (posicións, esforzos..), as características temporais (ritmos, control de tempos...), efectos sobre a saúde, etc., comparando en cada pregunta as respostas de homes e mulleres. Non se inclúen, en cambio, resultados en función dos tipos de actividade da empresa ou outras características desta que probablemente sexan obxecto dunha análise posterior.

 

Fonte: Prevención Integral & ORP Conference

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais