Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
14/10/2015
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 16

GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
Ante a necesidade de abordar a reforma do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social, historica e amplamente demandada conxunto de organizacións sindicais, o goberno ven de promulgar a Lei 23/2015 de 21 de Xullo, Ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social. Esta Lei adoece do deseño axeitado e do consenso sociolaboral necesario para configurar un novo sistema de Inspección de Traballo adecuado ás necesidades sociolaborais, eficaz, eficiente e rigoroso no seu obxectivo básico: garantir os dereitos de traballadores e traballadoras

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 16, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

O sumario deste número conta co artigo de Análise-Opinión "Aspectos críticos da nova Lei 23/2015, de 21 de xullo, ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social".

Baixo o epígrafe Colaboración, atopamos o texto "O envellecemento da poboación traballadora" de Manuel Pedro Velázquez Fernández.

En Información, "A violencia física externa no traballo" e en Sabías que...? "Criterio Técnico Nº 83/2010 sobre a presenza de recursos preventivos nas empresas, centros e lugares de traballo".

Se estás interesado en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais