Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
13/11/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Estados Unidos introduce controis sobre os nanomateriais

Saúde laboral
Como parte dos esforzos da Axencia para a Protección do Medio Ambiente (EPA) para asegurar unha comprensión máis ampla dos materiais a nanoescala no comercio, a EPA emitiu un regulamento que require a notificación única e o rexistro da información existente sobre exposición e saúde e seguridade das substancias químicas a nanoescala presentes no mercado.

O pasado agosto entrou en vigor nos Estados Unidos a normativa que crea un rexistro de nanomateriais e a notificación previa á súa fabricación. O obxectivo da mesma é asegurar que os materiais a nanoescala se fabriquen  e usen dunha maneira que protexa contra riscos para a saúde humana e o medio ambiente.

A nova normativa inclúe información sobre nanomateriais novos e existentes e a obrigación de notificación de premanufactura de novos nanomateriales.

Como parte dos esforzos da Axencia para a Protección do Medio Ambiente (EPA) para asegurar unha comprensión máis ampla dos materiais a nanoescala no comercio, a EPA emitiu un regulamento que require a notificación única e o rexistro da información existente sobre exposición e saúde e seguridade das substancias químicas a nanoescala presentes no mercado.

Este regulamento require que as empresas que fabrican (incluíndo a importación) ou procesan substancias químicas a nanoescala notifiquen á EPA certa información, incluíndo identidade química específica, volume de produción, métodos de fabricación,  procesamento, uso, exposición e liberación e datos dispoñibles sobre saúde e seguridade.

A lei de control de substancias tóxicas (TSCA) require que os fabricantes de novas substancias químicas proporcionen información específica a EPA para a súa revisión antes de fabricar produtos químicos ou introducilos no mercado. A EPA pode tomar medidas para asegurar que os produtos químicos que poden ou representan un risco razonable para a saúde humana ou o ambiente sexan controlados.

Segundo o disposto na TSCA, dende 2005, a EPA recibiu e revisou máis de 160 novas notificacións de substancias químicas para materiais a nanoescala, incluíndo nanotubos de carbono, e ese número aumentará co tempo. A Axencia tomou unha serie de medidas para controlar e limitar as exposicións a estes produtos químicos como limitar os usos dos materiais a nanoescala, requirir o uso de equipo de protección persoal e controis de enxeñería, limitar as emisións ao medio ambiente e esixir probas para xerar datos de efectos sobre a saúde e o medio ambiente.

Fonte: EPA

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais