Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
12/9/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

“Camiseta intelixente” que corrixe a postura

ERGONOMÍA
Wearlumb é unha "camiseta intelixente" elástica e adaptable a diferentes morfoloxías, con sensores de captura de movemento que están conectados a un sistema experto que analiza a postura e a corrixe se é necesario.

Segundo diferentes estudos, as enfermidades e accidentes derivados de factores músculoesqueléticos están a converterse no principal problema dos traballadores e prevese que a súa incidencia vaia en aumento. O 38,5% dos accidentes laborais rexistrados en 2014, un total de 197.381, tiveron a súa orixe nun sobre esforzo. O 71,1% das enfermidades profesionais débense a Trastornos Músculo-Esqueléticos, entre os que a lumbalxia é a máis habitual. A súa incidencia laboral é máis que relevante, se se ten en conta que do 80% da poboación que padece un TME, un 20% ten doenzas ao longo de máis de tres meses.

Wearlumb é unha peza téxtil elástica e adaptable, en forma de camiseta, que inclúe na parte das costas uns sensores que detectan en cada momento se a postura é correcta ou non a través do uso das novas tecnoloxías, facilita unha monitoraxe "in situ" e de forma continua, o que permite unha detección precoz do problema e e se consegue o obxectivo de mellorar a calidade de vida dos usuarios, así como a prevención de recaídas.

O sistema está conectado vía bluetooth cun software intelixente que permite corrixir a postura dunha maneira visual, avalía os riscos de posturas incorrectas no ámbito laboral e combate a fatiga.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais