Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
12/5/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 19

GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
ESENER - 2 é a segunda enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes. Realizada pola Axencia Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo (EU-OSHA) no verán/ outono de 2014; participaron na mesma 49.320 empresas de tódolos sectores produtivos con cinco ou máis empregados; as empresas estaban repartidas nos países que conforman a Europa dos Vinteoito máis Albania, Islandia, Montenegro, Macedonia, Serbia, Turquía, Noruega e Suíza. Entre os datos obtidos, resaltar que só o 11% das empresas do Estado español realizan as avaliacións de riscos con medios propios, dentro do grupo de países europeos cun menor índice de integración da prevención nas empresas, factor preocupante en termos de calidade, eficiencia e resultado das políticas preventivas que se desenvolven nas empresas.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 19, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

O sumario deste número conta co artigo "ESENER - 2, a enquisa sobre os riscos novos e emerxentes nas empresas europeas. Síntese de resultados" baixo o epígrafe Análise - Opinión.

No apartado de Información  atopamos o artigo "Ainda sen avaliación de riscos?"

En Documento - Análise desenvólvese o tema "As desigualdades na saúde e no traballo: determinantes sociais", baseado no traballo da Comisión sobre Determinantes Sociais da Organización Mundial da Saúde.

Para rematar, uns breves apuntamentos no noso “Taboleiro”.

Se estás interesado en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais