Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
12/4/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Controvertida decisión na que o glifosato recibe o visto e prace para ser considerado non canceríxeno pola Axencia Europea de Sustancias e Mesturas Químicas (ECHA)

SAÚDE
A Comisión Europea ten agora vía libre para alongar durante anos a licenza do herbicida máis criticado e polémico

Efectivamente, o glifosato recibiu a luz verde da Axencia Europea de Sustancias e Mesturas Químicas (ECHA), ao considerar a este produto (no seu momento patentado por Monsanto) que agora é de libre fabricación, como non canceríxeno.  A Comisión Europea estaba a esperar á decisión que tomase ECHA para autorizar ou prohibir a súa venda nos países membros.

No seu momento o executivo da UE non conseguira suficiente maioría no seo do seu comité científico para renovar a licenza deste herbicida que expira este verán, xa que Francia -país que tomou medidas fortemente restritivas para a venda ao público do glifosato- encabezara a oposición, xunto a Malta. Outros países como Alemaña, Italia, Portugal, Austria, Luxemburgo, Grecia e Bulgaria, abstivéronse na votación que houbo a finais de xuño do ano pasado. No Estado español, tanto o goberno como a patronal agraria e algúns sindicatos agrarios, son partidarios de que non se prohiba.

A opinión favorable de ECHA tomouse tras alcanzarse un consenso dentro do comité de avaliación de riscos da institución, unha vez analizados diversos informes científicos sobre a incidencia do herbicida en humanos e animais. A medida adoptada pola ECHA é criticada por aqueles que se opoñen ao glifosato, debido a que consideran que non se ten valorado axeitadamente os criterios da exposición ao herbicida.

Unha vez que a Comisión reciba as conclusións finais, deberá tomar unha decisión sobre a autorización do popular pesticida, que é moi coñecido pola súa marca comercial “Roundup”. Os movementos ecoloxistas europeos dan especial importancia a esta batalla. O comité de riscos do ECHA si mantén a actual cualificación de produto tóxico para este herbicida no que incumbe ao habitat acuático con efectos de longa duración, e ao seu carácter daniño en contacto cos ollos. A conclusión dos científicos do comité de riscos do ECHA é que non hai xustificación sobre a base da actual regulación para clasificar ao glifosato como  carcinóxeno ou mutáxeno ou con características de toxicidade reprodutiva.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais