Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
11/7/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Novas FCAQ "Fichas de Control de Axentes Químicos"

INSHT
O INSHT está a traducir ao español as fichas de consellos básicos desenvolvidas polo Health and Safety Executive (HSE) do seu modelo COSHH Essentials Estas fichas ofrecen consellos sobre prácticas de traballo básicas para axudar a controlar a exposición a sustancias químicas perigosas na contorna laboral. Hai dous tipos de fichas: unhas xenéricas nas que se recomendan catro grupos de controis que conteñen accións cuxo obxectivo é reducir a exposición e outras específicas dirixidas a sectores industriais determinados nas que se ofrece axuda aos profesionais do sector para o control da exposición a sustancias perigosas e a protección da saúde dos traballadores.

As fichas xenéricas están codificadas segundo o nivel de control resultante ao aplicar a ferramenta The technical basis for COSHH essentials: Easy steps to control chemicals". A serie 100 comprende consellos de ventilación xeral; a serie 200, medidas técnicas de extracción localizada; a serie 300,  medidas de contención e a serie 400 "especial" indica que se precisa o consello dun experto posto que a situación de traballo que se está analizando precisa de recomendacións máis específicas e especializadas. Inclúense outras fichas na serie codificada S (do inglés skin) que conteñen consellos para reducir a exposición a sustancias que poden causar dano por contacto coa pel e cos ollos a niveis aceptables.

Polo momento están dispoñibles fichas da serie 100 "Ventilación xeral",  da serie 200 "Control técnico" e da serie S.

Serie 100: Ventilación xeral

Serie 200: Control técnico

Serie 300: Contención

Serie 400: Especial

Serie S: Sustancias químicas que causan dano por contacto coa pel ou cos ollos

 

 

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais