Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
11/4/2018
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Sinistralidade laboral dos traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. Informe xaneiro-decembro 2017

INSSBT-OECT
Neste informe analizáronse 16.488 Accidentes de Traballo con baixa ocorridos entre xaneiro e decembro de 2017, en traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. Destes, 14.755 ocorreron en xornada de traballo e 1.733 ao ir ou voltar do traballo.

Dos 14.755 ocorridos en xornada de traballo:

Rexistráronse 6 accidentes mortais que se distribuíron nas seguintes actividades: “Cultivos non perennes; Fabricación de produtos lácteos; Fabricación de produtos de plástico; Fabricación de outra maquinaria de uso xeral; Construción de estradas e vías férreas, pontes túneis e Outros servizos persoais” e 45 graves, dos que 20 se deron en peóns de industrias manufactureiras e 5 foron por perda de control de medio de transporte.

Un 76,7% dos accidentados foron homes e un 23,3% mulleres.

Na distribución por sectores en accidentes de traballo destaca en primeiro lugar Industria co 50,2% dos accidentes, seguido de Servizos co 33,9%, o sector Agrario co 15% e Construción co 0,9%.

Ligazón: Sinistralidade laboral dos traballadores cedidos por empresas de traballo temporal. Informe xaneiro-decembro 2017

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais