Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
11/10/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 21

GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG
O primeiro semestre deste ano 2016, devolve a Galiza ao primeiro posto de sinistralidade laboral no Estado Español, alcanzando un índice de incidencia de accidentes laborais con resultado de morte (nº de accidentes cada 100.000 traballadores/as en activo) que alcanza os 0,519 puntos fronte aos 0,259 da media estatal, isto é un índice de incidencia que nos indica que neste 1º semestre do ano, proporcionalmente morreron na Galiza por accidente laboral o dobre de traballadores/as que a media do conxunto do Estado.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 21 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

O sumario deste número conta co artigo "Accidentes laborais no conxunto do Estado e na Galiza" baixo o epígrafe Análise - Opinión.

O epígrafe Información técnica acolle o documento "^Primeiros auxilios en resucitación cardio pulmonar(RCP) e principios para o emprego do desfibrilador"

No apartado A fondo atopamos o artigo "Os/as traballadores/as do Estado español entre os menos absentistas de Europa"

Rematamos este número do boletín con dous artigos incluídos baixo o epígrafe Sabías que...? : "Novo regulamento europeo sobre equipos de protección individual" e "Os accidentes cardiovasculares configúranse como primeira causa de morte no traballo" .

Se estás interesado en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais