Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
11/1/2017
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

Plan para promover a saúde e a seguridade dos traballadores/as en Europa

Comisión Europea
Esta iniciativa, que está "baseada en esforzos anteriores", busca mellorar a vida das persoas previndo accidentes laborais e enfermidades profesionais a través de iniciativas que protexan mellor aos traballadores/as ante o cancro de orixe laboral, que axuden as empresas, sobre todo as pequenas e medianas, nos seus esforzos para cumplir o marco normativo vixente, e a poñer maior énfase nos resultados e menos no papeleo.

Dende a Comisión indican que "Desde 2008 reduciuse case nun cuarto o número de traballadores/as falecidos/as en accidente de traballo, mentres que a porcentaxe de traballadores/as da Unión Europea con, polo menos, un problema de saúde provocado ou agravado polo emprego diminuíu case nun 10 por cento", con todo, que "a tarefa segue sendo inxente" pois  "cada ano morren uns 160.000 europeos por enfermidades profesionais". Así estabelecese como "prioridade principal manter a saúde e seguridade de traballadores/as no lugar de traballo salvagardando e actualizando os altos estándares europeos".  Continuando con este cometido "emprenderanse accións crave como:    - "Fixar límites de exposición ou outras medidas para outros sete carcinógenos químicos"   - "Axudar ás empresas, especialmente ás pemes e ás microempresas, nos seus esforzos por cumprir as normas de saúde e seguridade"  pois "unha de cada tres microempresas non avalía os riscos no traballo". Ante iso, a institución publicou "un documento orientativo para os empleadores con consellos prácticos para que a súa avaliación do risco resulte máis fácil e sexa máis efectiva" (ver documento, en inglés)  -"Traballar cos Estados membros e os interlocutores sociais para eliminar ou actualizar as normas obsoletas nos próximos dous anos", co fin de "simplificar e reducir as cargas administrativas, á vez que se mantén a protección de traballadores/as"

Máis información

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais