Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
10/8/2016
Facebook Twitter Google Plus Menéame del.icio.us Chuza
compartir

O 50% dos negocios de hostalería non contan cun plan de prevención de riscos laborais

SAÚDE LABORAL
Segundo datos de Premap Seguridade e Saúde, tan só un 52 por cento dos locais de hostalería e restauración do Estado teñen un plan de prevención de riscos laborais que contemple unha formación preventiva axeitada para evitar accidentes e lesións.

No estado español existen aproximadamente 315.000 locais de hostalería, dos que 285.000 son bares, cafeterías e restaurantes, e 30.000 son hoteis e colectividades; representando o sector da restauración e aloxamentos  o 7,5% do PIB.

Durante a tempada estival calcúlase que a poboación laboral do sector incrementouse nunhas 200.000 persoas, constituíndo a "falta de formación" en prevención laboral de moitos/as traballadores/as eventuais un preocupante problema.

Algunhas medidas tan sinxelas como poñerse luvas de protección para cortar produtos, manexar utensilios quentes, ou levar un calzado axeitado para evitar esbaróns, poderían evitar máis da metade dos accidentes.

Segundo datos do INHST no ano 2015 houbo algo máis de 35.000 accidentes con baixa neste sector, un 31%dos cales aconteceron no sector de servizos de aloxamento e o 69 por cento restante nos servizos de comidas e bebidas.

Os accidentes laborais máis frecuentes en ámbolos subsectores o foron por sobresforzos ou posturas forzadas (30%), por golpes producidos por esbaróns e caídas (27%), por cortes ou picadas (22% dos accidentes en restauración) ou por queimaduras ou contacto eléctrico (8%).

Outro tipo de accidentes ou enfermidades de quen traballa no sector hostaleiro son estar expostos a cambios bruscos de temperaturas, descargas eléctricas dos aparellos da cociña, intoxicacións e queimaduras por produtos tóxicos e corrosivos, exposición a contaminantes biolóxicos, lesións auditivas por excesiva presión acústica ou estrés laboral por sobrecargas de traballo.

Ante esta realidade reulta imprescindible que os locais de hostalería e restauración avalíen as condicións de traballo dos seus empregados, coñezan as súas necesidades formativas e procedan a implementar os programas de prevención de riscos laborais que sexan necesarios.

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais