Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
10/1/2017
Facebook Twitter Google Plus Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Guía práctica de seguridade vial laboral

OSALAN
Os accidentes de tráfico supoñen máis dun 11% do total. Ademais, a súa incidencia aumenta de forma proporcional á gravidade do accidente, ata chegar a supoñer case un 30% dos accidentes laborais con resultado de morte, segundo datos do último informe do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo. Este documento elaborado por OSALAN (Instituto vasco de Seguridade e Saúde Laboral) ten como obxectivo promover e consolidar a cultura da seguridade laboral viaria en todas as ocupacións profesionais e sectores de actividade da empresa.

A guía está estruturada nos seguintes apartados:- Introdución ao marco xurídico que regula a seguridade laboral viaria.- Elementos e fases que compoñen o Plan de Seguridade Laboral Viaria.- Principais factores de risco a considerar para o seu deseño e execución.- Anexos nos que se desenvolven ferramentas útiles para a xestión da Seguridade Laboral Viaria.

Ligazón á Guía práctica de seguridade vial laboral

Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais