Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Amial da Carrasqueira
8/2/2013 Medio ambiente
O Amial da Carrasqueira xa é historia. O último bosque de ribeira de Vigo foi destruído polas obras da macrodepuradora do Lagares. Este bosque aluvial de amieiros Alnus glutinosa estaba catalogado como Hábitat de Interese Prioritario pola Directiva 43/92/CEE (cód. 91 E0). A presión urbanistica e as obras de construción da actual E.D.A.R. de Vigo a partires de 1995 provocaron a súa desaparición. E iso, que o propio anteproxecto da nova EDAR do Lagares citaba a súa importancia: “Os bosques pantanosos teñen maior relevancia pola súa rareza e a súa consideración de Hábitat de Interese Prioritario, e eríxense nas formacións vexetais de maior interese na área de estudio”... “Son hábitats escasos no contexto xeográfico rexional, por estar vinculados a ambientes de extensión reducida como son os marismáns, lagunares e pantanosos”.
embarazo e contaminación
7/2/2013 Saúde
A contaminación tamén condiciona a saúde dos nenos que aínda non naceron. Distintas investigacións científicas xa avalaran esa conxectura, que agora confirma un estudo internacional que establece unha relación directa entre a exposición materna á polución e o nacemento de bebés con baixo peso tras un período completo de xestación. A maior contaminación, maiores riscos. E ese factor, o de nacer por baixo dos 2,5 quilos, ten uns efectos xa coñecidos: maior morbilidad e mortalidade perinatal e maior propensión aos problemas de saúde crónicos na idade adulta, como poden ser os cardiovasculares, pero tamén os mentais ou os de obesidade. O maior estudo realizado no mundo sobre o efecto da contaminación atmosférica nas mulleres embarazadas e a súa descendencia amosa unha relación entre a exposición e o baixo peso ao nacer. O traballo analizou máis de tres millóns de nacementos de nove países de América, Europa, Asia e Australia. Dende hai anos os expertos estudaron as posibles consecuencias da exposición a compostos contaminantes, como os que emiten os vehículos, a calefacción e as plantas xeradoras de enerxía, en determinados grupos de risco, como mulleres embarazadas.
Lagoa da Frouxeira
7/2/2013 Medio ambiente
Con motivo do Día Mundial dos Humidais celebrado este pasado 2 de febreiro, a Xunta declarou nove lagoas como “zonas sensibles” dentro do Plano Hidrolóxico Galicia-Costa, incidindo en que estes humidais están segundo a Xunta "entre os ambientes máis ameazados pola drenaxe, a contaminación e a sobreexplotación dos seus recursos". Unha desas nove lagoas é a da Frouxeira, en Valdoviño. A pesar desa declaración e da expresada preocupación pola conservación destes espazos, a Xunta ordeou recentemente abrir unha canle de desaugue do humidal con bulldózers e pás e a lagoa está prácticamente seca.
Avances nas enerxías renovables
6/2/2013 ENERXÍA
Nos últimos anos, as enerxías renovables ampliaron o seu ámbito de acción máis alá da enerxía solar e eólica para abranguer multitude de subsectores. Reflectindo esta diversidade, adxudicouse un financiamento de 1.200 millóns de euros a repartir entre 23 proxectos innovadores de demostración de enerxías renovables que se levarán a cabo en 16 Estados membros da UE.
Rías Galegas
4/2/2013 MEDIO AMBIENTE
Os resultados dun proxecto de investigación coordinado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) sobre a oceanografía, a bioxeoquímica e o plancton nas rías galegas situadas ao leste de cabo Ortegal e a súa plataforma continental próxima permitiron establecer, por primeira vez dende o punto de vista oceanográfico, as características das rías do norte de Galicia.
Demóstrase a rendibilidade da pesca sostible
1/2/2013 MEDIO AMBIENTE
Reducir a presión pesqueira dá resultados beneficiosos nun prazo de tempo non demasiado longo. Esta é unha das principais conclusións que se desprenden dunha investigación liderada polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) na que se analizan as capturas de 53 países e xurisdicións ao longo de algo máis dunha década.
aire
31/1/2013 Medio ambiente
A contaminación do aire é unha preocupación constante no seo da Unión Europea, dado que, esa contaminación é unha das causas das principais enfermidades pulmonares como o asma e a orixe de máis de 350.000 mortes prematuras ao ano. Nun intento de paliar esta situación a Comisión Europea declarou 2013 o «Ano do aire».
Xuízo Prestige
28/1/2013 MEDIO AMBIENTE
O exministro de Fomento Francisco Álvarez-Cascos cualificou como "a máis correcta" a xestión da catástrofe marítima do Prestige, no xuízo que se celebra polo sinistro, e acusou de "inevitables" os danos ambientais. Mentres, eludiu calquera responsabilidade na cadea de actuacións como o afastamento do buque.
Albada
25/1/2013 Hixiene
Tal e como tiñan anunciado, os membros do Comité de Albada presentaron este mañá denuncia diante da Inspección de Traballo para que investigue os riscos para a saúde e as condicións de seguridade nas que os traballadores/as da planta de tratamento de residuos de Nostián desenvolven as súas tarefas.
Recortes medioambientais
25/1/2013 MEDIO AMBIENTE
O PP investirá no 2013 un 62% menos en actuacións ambientais que en 2009. Adega denuncia que a Xunta non dedicará nin un só euro á loita contra o cambio climático, nin a erradicar especies invasoras nin ás Axendas 21 Locais ou á educación ambiental.
A mina de Corcoesto
18/1/2013 MEDIO AMBIENTE
Todas as actividades agrogandeiras da zona ameazadas. Así o advirte o Sindicato Labrego Galego (SLG), que fai público nun comunicado o seu "rexeitamento máis absoluto" ao proxecto mineiro que a empresa canadense Edgewater Corporation ten previsto en Corcoesto para a estracción de ouro. Segundo a organización agraria, esta mina a ceo aberto terá "un irreversible impacto" sobre as explotacións gandeiras de toda a bisbarra.
ten-t
14/1/2013 Enerxía
A Unión Europea cofinanciará con case dous millóns de euros do programa TEN-T un estudio que determinará qué medidas son precisas para integrar a tecnoloxía e a infraestructura de reabastecemento do gas natural licuado na rede de estradas do estado español. Este proxecto tentará ademáis amosar as vantaxes deste gas como combustible para os vehículos pesados de mercancías por ser máis ecolóxico e rendible.
Gases efecto invernadoiro
28/12/2012 MEDIO AMBIENTE
O informe "Approximated EU greenhouse gas inventory: early estimates for 2011” inclúe estimacións preliminares das emisións de gases de efecto invernadoiro durante o ano pasado e achega datos esenciais para o informe sobre "Greenhouse gas emission trends and projections in Europe 2012”, que avalía os progresos realizados pola UE en relación cos seus compromisos no marco do Protocolo de Kioto.
corcoesto
27/12/2012 Secretaria Confederal de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel
O proxecto de explotación mineira sitúase principalmente no concello de Cabana de Bergantiños, aínda que tamén se verán afectados os concellos de Coristanco e Ponteceso
Revolución enerxética
26/12/2012 ENERXÍA
O recén presentado informe "[R]evolución Enerxética 2012 para Europa" elaborado polo Deutsche Zentrum für Luft- und Raumfahrt (DLR) para Greenpeace e o Consello Europeo da Enerxía Renovable, conclúe que "un sistema eléctrico baseado integramente en enerxías renovables e eficiencia enerxética para 2050 en Europa xeraría, entre outros, tres billóns de euros de aforro en custos asociados á compra de combustibles fósiles entre 2011 e 2050, que compensarían amplamente os seus custos".
Auga
12/12/2012 MEDIO AMBIENTE
A Comisión Europea lanzou o Water Blueprint, un plan de acción para protexer os recursos da auga de Europa, co que se quere asegurar que os cidadáns, a economía e o medio dispoñen de auga de boa calidade para satisfacer as súas necesidades.
Protocolo Kioto
11/12/2012 MEDIO AMBIENTE
A Conferencia das Partes da Convención da ONU sobre Cambio Climático (COP18) que se celebra en Qatar, concluíu cun acordo para prorrogar ata 2020 o coñecido como Protocolo de Kioto para a redución de gases de efecto invernadoiro.
Renovables
10/12/2012 ENERXÍA
Representantes dunha ducia de entidades españolas, agrupadas na Plataforma por un Novo Modelo Enerxético, manterán diversas reunións con parlamentarios europeos para denunciar que o goberno español está a bloquear a directiva europea sobre enerxías renovables (2009/28/CE). Os promotores desta denuncia sosteñen que a directiva sobre enerxías renovables persegue achandar o camiño ás fontes renovables, mentres que "as últimas decisións do Goberno van encamiñadas en sentido contrario, na liña de bloquear o seu desenvolvemento," di García Breva.
O nivel do mar sobe máis rápido do previsto
3/12/2012 CAMBIO CLIMÁTICO
O nivel do mar está a subir un 60% máis rápido que as proxeccións do cuarto informe do Panel Intergobernamental de Cambio Climático (IPCC) da ONU, segundo unha investigación de expertos do Instituto Potsdam de Investigación do Impacto Climático, Tempo Analytics e o Laboratorio de Estudos en Xeofísica e Oceanografía Espaciais, publicada este mércores en "Environmental Research Letters".
Deterioración ambiental
30/11/2012 LEXISLACIÓN
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA) establecerá un procedemento de actuación "claro e sinxelo" co que facer fronte "dende o primeiro momento á deterioración ambiental", segundo asegurou a Directora Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural, Guillermina Yanguas, durante a súa intervención nunha sesión técnica sobre responsabilidade ambiental celebrada en Madrid esta semana no marco do Congreso Nacional do Medio Ambiente (CONAMA).
O aforro enerxético e as renovables claves para a redución de emisións
29/11/2012 ENERXÍA
Nun novo informe, WWF recorda que se a Unión Europea pretende reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 80-95%-95 para 2050, debe actuar agora. A clave é priorizar o aforro enerxético e as enerxías renovables, por enriba dos perigosos combustibles fósiles e da enerxía nuclear.
Poliestileno espandido
27/11/2012 MEDIO AMBIENTE
Preocuparse polo medio xa non é unha excepción, senón que vaise constituíndo nunha norma para calquera actividade industrial. O sector do poliestireno expandido é un dos que máis demostrou o seu desexo de avanzar na avaliación dos impactos no medio por parte dos seus produtos, consciente de que só se se coñecen os efectos ambientais dun determinado material, se poderá cumprir co compromiso de manter e conservar o ámbito.
Enerxías renovables
22/11/2012 MEDIO AMBIENTE
As últimas conclusións do estudo publicado polas organizacións Greenpeace e o Consello Europeo de Enerxía Renovable indican que o uso de fontes renovables de enerxía sen importar combustibles fósiles como o petróleo, carbón e gas natural, poden reportarlle á Unión Europea un aforro de tres billóns de euros ata o 2050.
Eólicas
16/11/2012 MEDIO AMBIENTE
A enerxía eólica podería supoñer o 12% da electricidade mundial en 2020, crear 1,4 millóns de postos de traballo e reducir as emisións de CO2 en máis de 1.500 millóns de toneladas ao ano, segundo a cuarta edición do Global Wind Energy Outlook (GWEO), elaborada polo GWEC (Global Wind Energy Council) e Greenpeace. Así mesmo, prevese que o mercado actual se triplique.
paisaxe
25/9/2012 MEDIO AMBIENTE
Un equipo multidisciplinar de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a Universidade de Oviedo e a Universidade das Illas Baleares desenvolveu unha plataforma bioinformática que analiza a capacidade dun ecosistema para asimilar centos de contaminantes.
Semana europea mobilidade
16/9/2012 MEDIO AMBIENTE
A Semana Europea da Mobilidade é unha campaña anual que trata a mobilidade urbana sostible, organizada coa axuda financeira e política da Comisión Europea de Medio e Transporte.
Empregos verdes
27/8/2012 OIT
Un informe patrocinado pola OIT sostén que a economía verde pode axudar ao Estado español a vencer a crise do emprego. A transformación cara a unha economía verde no Estado español ten un enorme potencial para crear novos empregos en momentos en que o estado rexistra unha taxa de desemprego xuvenil de 50 por cento, segundo un informe publicado recentemente.
Incendios
29/5/2012 MEDIO AMBIENTE
A pesar do gran número de traballos de investigación realizados sobre redes inalámbricas de sensores e a monitorización de risco de incendios forestais, ningún deles explotou ata agora as oportunidades que proporciona a mobilidade dalgúns sensores na rede. Pero isto é o que abordaron estes investigadores da UPM, especialmente a oportunidade de adaptar a cobertura espacial dos sensores á dinámica do risco de incendio.
Reciclaxe cubos+mapa
23/5/2012 MEDIO AMBIENTE
"Os residuos teñen demasiado valor como para eliminalos simplemente; a súa correcta xestión pode facer que ese valor volva inxectarse na economía", declarou Janez Potocnik, Comisario responsable do Medio Ambiente da Comisión Europea, referíndose ao informe “Use of Economic Instruments and Waste Management Performances” presentado hai uns días.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais