Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Mapa carbono NASA
19/4/2016 Medio ambiente
Científicos da Universidade de Edimburgo, do JLP (Jet Propulsion Laboratory) da NASA, en Pasadena, California e da Universidade de Wageningen nos Países Baixos, publicaron un estudo, nas Actas de la Academia Nacional de Ciencias, que analiza unha década de datos de satélite e de campo desde 2001 ata 2010. A partir destes datos os investigadores construiron mapas que amosan onde e por canto tempo se almacena o carbono nas prantas nas árbores e nos solos.
Xeo ártico
11/4/2016 CAMBIO CLIMÁTICO
Segundo datos do Centro Nacional de Datos de Xeo e Neve –NSIDC- e da NASA, o xeo do Océano Ártico marcou un novo récord, por segundo ano consecutivo, ao reducir a súa expansión durante o inverno.
Informe cambio climático
4/4/2016 CAMBIO CLIMÁTICO
O Observatorio de Sustentabilidade presentou un informe sobre cambio climático en España para o ano 2015, que indica que España continuou aumentando as emisións de gases de efecto invernadoiro, mentres todos os países da nosa contorna presentan fortes reducións nas súas emisións.
Anuario agricultura UE
21/3/2016 EUROSTAT
A Unión Europea vén de publicar o anuario estatístico sobre a agricultura, gandería e pesca -edición 2015-, no que se mostra ao Estado español como o país con maior consumo de pesticidas do conxunto dos 28 países. O libro recolle os datos máis recentes, que corresponden ao ano 2013, no que se rexistrou un consumo de 360.000 toneladas, co Estado español encabezando ese consumo, co 19,5%, por diante de Francia (18,7%), Italia (13,8%) e Alemaña (12,3%).
Mar ondas
16/3/2016 Proxecto Life
O proxecto LifeDemoWave liderado pola Universidade de Vigo, foi seleccionado na convocatoria Life. Esta convocatoria é o instrumento financeiro da UE para apoiar proxectos ambientais de conservación da natureza e de acción climática. Dende o 1992 cofinanciou en torno a 4300 proxectos. O proxecto LifeDemoWave conta cun orzamento previsto de 1.836.000 millóns de euros, tres anos de execución e se centrará na demostración da viabilidade do uso de enerxía das ondas para a xeración eléctrica en zonas de alto consumo de enerxía.
Contaminación das rías
9/3/2016 Medio ambiente
Este modelo, elaborado por investigadores da Universidade Autónoma de Madrid estabelece un marco para predicir por primeira vez a resposta biolóxica en mesturas de contaminantes. A ferramenta está implementada nun software gratuíto denominado "R" e pode resultar moi útil na avaliación de riscos ambientais
Lagoa da Frouxeira
4/3/2016 Medio ambiente
No traballo realizado por un equipo científico internacional ponse de manifesto que as actividades humanas, como a agricultura ou a extración de recursos naturais (carbón, minerais, gas,...) están a incrementar a salinidade da auga o que provoca efectos adversos para a saúde e o funcionamento dos ecosistemas de auga doce como ríos, lagos, etc.
DOG 2
26/2/2016 DOG
Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galiza, publicada no Diario Oficial de Galiza o 19 de febreiro de 2016
ENCE
2/2/2016 Medio ambiente
Esta ampliación, concedida por un Goberno en funcións, remata con meses de incertidume sobre o futuro da pasteira instalada en Lourizán, concretamente dende que en outubro de 2013 a empresa solicitara a amplicación da concesión ao amparo da nova Lei de Costas, modificada polo actual Goberno uns meses antes, na que se permitía o acceso a esta prórroga e que deixaba sen efecto o prazo anterior da concesión que caducaba en 2018.
Paisaxe galega
1/2/2016 MEDIO AMBIENTE
Na Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio estase a traballar nun documento base para deseñar a primeira Estratexia Ambiental de Galiza. Trátase dun borrador que sentará as bases para definir a estratexia na que se identifiquen cales son os retos aos que se enfrenta Galiza e na que se identifiquen as oportunidades que poden xurdir nos diferentes sectores estratéxicos.
Xuízo Prestige
27/1/2016 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO
A sentenza sinala que o importe das indemnizacións en concepto de responsabilidade civil debe abarcar a restitución, a reparación do dano, tanto o emerxente como o lucro cesante, incluído o dano ambiental nos seus distintos aspectos, e a indemnización de prexuízos materiais e morais, co límite das peticións formuladas polas partes nas súas conclusións definitivas.
transxénico
18/1/2016 SAÚDE
A Comisión Europea debe retirar a autorización dunha nova variedade de millo transxénico para o seu uso na Unión Europea, segundo unha proposta de resolución aprobada no Parlamento Europeo por 403 votos a favor, 238 en contra e 50 abstencións.
Informe cambio climático 2016
12/1/2016 CAMBIO CLIMÁTICO
O Índice de Comportamento ante o Cambio Climático sitúa ao estado Español no posto 41 de 61 analizados; Para remarcar as carencias das políticas nesta materia os tres primeiros postos quedan baleiros e Dinamarca, Gran Bretaña e Suecia serían, por esta orde, os países con maior compromiso. Segundo Wendel Trio, director da Rede de Acción Climática, “España reverteu o apoio ás renovables nos dous últimos gobernos, algo que fora prometido ás empresas, e non hai unha política climática”, isto fixo que baixara 12 postos entre o 2014 e o 2015, pasando así ao posto 41 dos 61 analizados.
COP21
15/12/2015 MEDIO AMBIENTE
O acordo acadado na Conferencia das Partes (COP21), que se celebrou estes días en París, establece o compromiso para manter o aumento da temperatura media mundial por baixo de 2ºC con respecto aos niveis preindustriais, e proseguir os esforzos para limitar ese aumento da temperatura a 1,5 ºC. Os 195 países máis a UE propóñense tamén lograr reducir rapidamente as emisións de gases de efecto invernadoiro.
Cambio climático
11/12/2015 MEDIO AMBIENTE
Na Conferencia das Partes (COP21), que se celebra estes días en París, espérase chegar a un acordo sobre unha traxectoria de emisións de gases de efecto invernadoiro que limite o aumento da temperatura global a menos de 2 ºC, respecto dos niveis preindustriais. Para os científicos este obxectivo quédase curto apuntando que o límite debería estar en 1,5 ºC.
terra
25/11/2015 MEDIO AMBIENTE
Segundo os datos de temperaturas globais publicados polo programa Copernicus da UE, o período de 12 meses que acabou a finais de outubro rexistrou as temperaturas máis calorosas dende que hai rexistros. Os datos do programa Copernicus tiveron participación galega, a través do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), que empregou a súa capacidade de cálculo para procesar o inmenso volume de información recibida.
Explosión petrolera
13/11/2015 MEDIO AMBIENTE
O 20 de abril de 2010 unha explosión destruíu a plataforma petroleira Deepwater Horizon e provocou a vertedura de máis de tres millóns de barrís de cru no Golfo de México durante case tres meses. O desastre provocou a morte de 11 persoas e resultaron feridas outras 17. O cru contaminou gran parte das costas do golfo de México e provocou importantes danos económicos e ao ecosistema mariño e costeiro. Tanto o Goberno federal como os estados máis afectados emprenderon litixios contra British Petroleum.
Depuradora
6/11/2015 SAÚDE
Segundo un traballo de investigación da UPV / EHU-Universidade do País Vasco, o peixe capturado cerca destas plantas presentan una maior tasa de disruptores endocrinos o que acaba provocando malformacións, feminización e descenso da capacidade reprodutiva.
Cambio climático
20/10/2015 CAMBIO CLIMÁTICO
Un estudo realizado por InfluenceMap sobre a influencia que exercen as grandes multinacionais e as asociacións empresariais a nivel internacional na lexislación para frear o cambio climático, reflicte que o 45% das 100 maiores compañías do mundo tratan de obstaculizar as normas en favor do medio ambiente, e o 95% das grandes multinacionais pertencen a asociacións empresariais que actúan co mesmo espírito de impedir ou atrasar as leis ambientais que tratan de deter o cambio climático.
eucaliptus nitens
16/10/2015 Medio ambiente
Unha recente sentenza da Audiencia Nacional española ratificou a prohibición de plantar Eucalyptus nitens nunha parcela asturiana como pretendía ENCE. A peritaxe científica foi demoledora: esta especie ten forte carácter invasor e é un risco para a biodiversidade. Trátase dunha sentenza histórica contra o eucalipto que senta xurisprudencia.
aemet-bsc
5/10/2015 MEDIO AMBIENTE
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) incorporou á súa páxina web unha nova ferramenta para a predición de po mineral atmosférico. O encargado de producir e distribuir diariamente as predicións do contido de po que hai na atmósfera, é o Barcelona Dust Forecast Center que está xestionado por AEMET e o Barcelona Supercomputing Center. Trátase do único centro deste tipo no mundo recoñecido pola OMM.
paisaxe
28/9/2015 Medio ambiente
Este primeiro borrador da árbore é resultado do traballo de once institucións e presenta as relacións entre os seres vivos dende que se separaron evolutivamente entre sí, dende o comezo da vida na terra, hai máis de 3.500 millóns de anos. Nos últimos tempos viron a luz árbores que recollen certas ramas da árbore da vida, sendo este proxecto o primeiro que combina todos os resultados nunha soa árbore.
Banco de Galiza
18/9/2015 MEDIO AMBIENTE
No marco do proxecto LIFE+INDEMARES identificáronse 20 especies novas para a ciencia e unha importante presenza de arrecifes de coral no Banco de Galiza. Por outra banda, as Illas Atlánticas obteñen o selo europeo de Turismo Sostible, acreditación que reflicte a vontade das áreas protexidas, os actores locais e representantes do sector turístico para promover o turismo de acordo cos principios do desenvolvemento sustentable.
iso
17/9/2015 Organización Internacional de Normalización
Coa publicación da nova versión da Norma Internacional ISO 14001, dase por concluído o traballo realizado durante os tres últimos anos por 121 expertos de 88 países, entre eles AENOR (Asociación Española de Normalización e Certificación). Un dos obxectivos desta revisión, levada a cabo no seo do Comité Técnico internacional de Normalización de Xestión Ambiental de ISO (ISO/TC 207 SC1), é facilitar a integración desta norma nos demáis sistemas de xestión da empresa.
O nivel do mar sobe máis rápido do previsto
15/9/2015 cambio climático
Un equipo de investigadores da NASA , logo de analizar datos de satélites dende o ano 1992, conclúen que o nivel do mar subiu case oito centimetros de media en todo o planeta nas dúas últimas décadas, e que seguirá subindo. Segundo o coordinador do Equipo de Cambio do Nivel do Mar da NASA, "o nivel do mar subirá a lo menos un metro nos vindeiros 100 anos, probablemente máis".
Barco emisións
9/9/2015 contaminación
Un traballo realizado pola Universidade de Rostock e o centro de investigación ambiental Helmholzzentrum de Múnic, estabelece unha relación firme entre as emisións de escape dos barcos e enfermidades graves. Estas enfermidades teñen un custo para os servizos de saúde europeos duns 58 mil millóns de euros ao ano. Os investigadores afirman que as 60.000 mortes consecuencia destas emisións poderían reducirse co emprego de dispositivos de filtración gases de escape.
Reciclaxe electrónica
17/7/2015 RESIDUOS
Segundo o Programa Ambiental das Nacións Unidas (PNUMA) ata o 90% dos residuos electrónicos de todo o mundo, son vendidos ou desbotados ilegalmente cada ano. Un informe da Universidade das Nacións Unidas revela que no 2014 foron desbotados 42 millóns de toneladas de residuos electrónicos cun custo de 52 mil millóns de dólares para a economía global.
Camiño Santiago
13/7/2015 UNESCO
Hai só uns días, a Unesco incluíu os Camiños de Santiago do Norte Peninsular na lista de Patrimonio da Humanidade. As catro rutas do Camiño de Santiago, agora inscritas na lista do Patrimonio Mundial, -O Camiño Primitivo, que se inicia en Oviedo; o Camiño Costeiro; o Camiño vasco-rioxano, que comeza en Irún; e o Camiño de Liébana, ramal que une o Camiño co Mosteiro de Santo Toribio- suman unha lonxitude global de 1.498,91 quilómetros.
Mar ondas
2/7/2015 AXENCIA EUROPEA DO MEDIO AMBIENTE
O primeiro informe sobre o estado de dos mares de Europa, publicado pola Axencia Europea de Medio Ambiente, confirma que os nosos mares non están nin limpos nin sans e, aínda que na actualidade son produtivos, poderían deixar de selo se continúa a degradación dos ecosistemas mariños, e conclúe que o mal estado do medio mariño europeo non cadra coas ambicións de crecemento da UE no marco da "economía azul".
Ceo nocturno en Galiza
30/6/2015 Medio ambiente
A través da Rede galega de medida do brillo do ceo nocturno, a Universidade de Santiago de Compostela e Meteogalicia colaboran na avaliación dos niveis de contaminación lumínica co fin de mellorar as medidas de eficiencia enerxética en Galiza. Os datos das medicións recollense de trece detectores instalados en outras tantas estacións metereolóxicas de Meteogalicia. Os detectores están distribuídos en zonas urbanas e periurbanas, fortes emisoras de luz, e en zonas de menor emisión lumínica como áreas rurais, de montaña e no Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais