Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Contaminación tráfico
19/9/2017 MEDIO AMBIENTE
Nove estados membros da UE pediron permiso á Comisión Europea para contaminar por encima dos límites nacionais establecidos na lexislación comunitaria. España, Austria, Bélxica, Alemaña, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda e Luxemburgo solicitan que se levanten os topes que deberían cumprir en 2015 para que non conste que os violaron, segundo denuncia a Oficina Europea do Medio Ambiente (EEB).
Gases efecto invernadoiro
7/9/2017 MEDIO AMBIENTE
Segundo un estudo de The Carbon Majors (CDP), -organización sen fins de lucro- un grupo relativamente pequeno de produtores de combustibles fósiles pode ser a clave do cambio climático. Son unhas cen as empresas que producen máis do 70 por cento das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro dende 1988.
Mar ondas
19/7/2017 Temperatura
No mes de xuño, coincidindo cunha vaga de temperaturas extremadamente altas en Galicia, Portos do Estado informou de que a súa boia de Cabo Silleiro, pertencente a Rede de Boias de Augas Profundas, rexistrara un máximo histórico de temperatura da auga:19,9ºC, representando un incremento de ata 1,25ºC respecto ao ano anterior. No resto da Península houbo valores igualmente significativos: máis de 27ºC en Tarragona, 23,5ºC en Bilbao-Vizcaya e 24,3ºC no Cabo de Gata. A subida xeral foi de entre 0,5 e 2,5 graos.
Tecnoloxías para eliminar CO2.
5/7/2017 Contaminación
Un equipo de científicas da Universidade de Santiago de Compostela e do ELSA (Environmental Life Cycle and Sustainability Assessment) de Montpellier (Francia) presenta o estudo máis detallado feito sobre a pegada de carbono de Galicia, medindo por vez primeira as emisións directas e indirectas de todas as actividades de produción e consumo na Galiza.
Contaminación tráfico
24/5/2017 Saúde
O estudo, realizado pola Escola Nacional de Sanidade e publicado na revista especializada Environmental Pollution, está realizado tendo en conta os datos do período 2000-2009 suministrados polo Instituto Nacional de Estatística e Medio Ambiente. No traballo se indica que o 90% da mortalidade atribuíble ás partículas prodúcese por baixo dos niveis que a Organización Mundial da Saúde (OMS) considera seguros.
Radón
19/5/2017 Saúde
O experimento, cuios resultados veñen de publicarse na revista Sensors baixo o título 'Radon Mitigation Approach in a Laboratory Measurement Room', levouse a cabo a longo de 10 anos nunha sala específica (sala de medición), onde se atopa todo o equipo utilizado neste estudo, situada na Facultade de Enxeñería de Ferrol, por investigadores do Laboratorio de Radioactividade Ambiental (LRA) da Universidade da Coruña; este laboratorio realiza estudos relacionados coas medicións radioactivas e a análise dos datos obtidos nas mesmas.
Bolsas plástico
10/5/2017 Residuos
Un grupo de científicos do Instituto de Biomedicina e Biotecnoloxía de Cantabria veñen de descubrir que as larvas da polilla da cera son capaces de masticar e inxerir o polietileno, un dos plásticos máis elásticos, duros e máis empregados: está presente envases para produtos alimenticios e en bolsas, representado o 40% da demanda total de produtos plásticos en toda Europa, onde ata un 38% do plástico acaba en vertedoiros (en todo o mundo usamos ao redor dun trillón de bolsas de plástico cada ano). As larvas do verme de cera (Galleria mellonella) viven na natureza como parasitos nas colonias de abellas. as polillas poñen ovos dentro das colmeas; alí os vermes eclosionan e crecen na cera das abellas.
Ruído
26/4/2017 Saúde
A OMS considera que o ruído é o segundo maior problema ambiental en Europa, despois da contaminación do aire por partículas.O seu impacto na saúde está cientificamente demostrado: é causa de molestias, tensións, problemas de soño, afeccións ás capacidades cognitivas e mesmo enfermidades cardiovasculares e respiratorias.
Radón
20/3/2017 Saúde
A Unión Europea aprobou en 2013 unha directiva (2013/59/Euratom) que está en vigor dende 6/2/2014 e que ten que ser transpuesta polos estados membros antes do 6/2/2018. Por primeira vez obriga aos gobernos para realizar medicións en lugares de traballo situados en áreas de risco e mitigar a concentración de radón nos que se rexistre un mínimo de 300 becquerelios por metro cúbico, unidade de medida utilizada con este gas e que equivale á desintegración atómica que se produce nun segundo. Os países membros deberán ademais introducir requisitos específicos nos códigos de edificación que eviten a entrada deste gas nos inmobles de nova construción e "fomentarán" a súa redución nas casas xa existentes.
Montes de Galicia
17/3/2017 Secretaría Confederal de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel
No arquivo adxunto pódense consultar as alegacións presentadas pola CIG a través da Secretaría Confederal de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel ao borrador do proxecto de Lei do Patrimonio Natural de Galiza o pasado 10 de marzo de 2017.
Calidade do aire en Europa
3/2/2017 AEMA
Aínda que a calidade do aire está a mellorar lentamente, a contaminación atmosférica segue sendo o maior perigo para a saúde ambiental en Europa, dando como resultado unha menor calidade de vida debido ás enfermidades e unha cifra estimada de 467.000 mortes prematuras ao ano.
Cambio climático, impactos e vulnerabilidade en Europa 2016
1/2/2017 AEMA
Neste documento de 420 páxinas resúmense os datos de centos de estudos realizados durante os últimos anos sobre os diversos efectos que está a ter o cambio climático en toda Europa. Os prognósticos para o futuro inmediato son moi pesimistas se non se consegue unha rápida redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.
Plan de residuos industriais de Galiza
26/1/2017 Residuos
A Directiva marco de residuos incorpora a obriga de establecer plans e programas de xestión de residuos, así como a elaboración de programas de prevención, a fin de romper o vínculo entre crecemento económico e xeración de residuos. A xeración e a xestión dos residuos en xeral, e industriais en particular, poden presentar impactos negativos sobre o medio debido á súa composición e ao tipo de tratamento final ao que se someten.
Radón
25/1/2017 Saúde
A exposición a este gas é o primeiro factor de risco de cancro de pulmón en persoas que nunca fumaron e o segundo logo do consumo de tabaco para aquelas que fuman ou fumaron. Un estudo da USC realizado no ano 2012, indicou que a exposición a este gas en concentracións superiores a 148 Bq/m3, incrementa un 220% o risco de cancro. O radón libérase en maiores cantidades en solos graníticos, penetrando nas edificacións a través de fendas ou poros no chan, da auga ou de materiais de construción. En Galiza, tendo en conta os límites marcados pola Unión Europea, hai altos límites de concentración en 30 das 53 comarcas.
emisións CO2
9/12/2016 Medio ambiente
No mes de maio de 2013, no observatorio que a axencia estadounidense NOAA (National Oceanic and Atmospheric Administration). detectouse por vez primeira unha concentración de 400 partes por millón (ppm) de dióxido de carbono no aire. Nos inicios da Revolución Industrial a concentración era de 278 partes por millón; ésta cantidade representaba un balance natural entre a atmosfera, os océanos e a bioesfera. O rexistro de 2013 ao que facíamos referencia foi puntual, localizado e temporal, resistrándose unha baixada nos meses seguintes. No 2015, segundo datos facilitados pola Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), a concentración de 400 ppm. foi xeneralizada, global e sen incidencia dos cambios estacionais. En novembro de 2016 superáronse as 400 ppm.
Ozono ecoloxistas en acción
2/12/2016 SAÚDE
As estimacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) apuntan a que cada ano hai en España 1.800 mortes prematuras relacionadas coa presenza elevada de ozono troposférico no aire.
Radón
28/11/2016 saúde
O mapa elaborado polo Laboratorio de radón da USC é froito de anos de traballo a través de diferentes proxectos de investigación. O mapa inclúe máis de 3.400 medicións de radón residencial xunto cunha descrición da situación nos distintos concellos. Unha das súas finalidades é prestar servizo á cidadanía, entidades municipais e Administración, para que poidan planificar e executar accións encamiñadas a reducir a concentración deste gas tanto nas vivendas coma nos lugares de traballo.
Cumbre Marrakech
22/11/2016 CAMBIO CLIMÁTICO
Estes días tratáronse de fixar en Marrakech os mecanismos para conseguir a meta do Acordo de París: reducir as emisións de CO2 e non superar os 2 ºC de aumento da temperatura en 2100.
DOG 2
10/11/2016 DOG
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, que entrará en vigor no prazo dun mes. Con esta publicación dáse cumprimento á disposición final 5ª do texto lexislativo, que entrou en vigor en marzo e que establecía o prazo dun ano para poñer en marcha este regulamento.
Cambio climático
9/11/2016 Cambio climático
Logo de tan só once meses dende a súa sinatura, o pasado día 4 de novembro entrou en vigor o Acordo de Paris, unha vez que 55 partes da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC) que sumen a lo menos o 55% do total das emisións de gases de efecto invernadoiro depositaran neste órgano da ONU os instrumentos de ratificación, aceptación, aprobación ou adhesión ao tratado. Entre os que ratificaron o acordo figuran os maiores contaminantes, entre eles China, EE UU e India. Pendente está concretar as cotas de redución das emisións para aplicar a partir do ano 2020, e pendente está a dotación do fondo de 100.000 millóns de dólares para compensar aos países en desenvolvemento.
Glifosato
29/9/2016 Medio ambiente
A alarma xerada na opinión pública pola posibilidade de que o glifosato sexa un perturbador endocrino perigoso e a posición de determinados estados, como Francia que votou en contra da prórroga de 18 meses aprobada pola Comisión Europea para o seu emprego, forzaron á Comisión Europea a presionar ao lobby de fabricantes de pesticidas, integrado no denominado Grupo Especial de Traballo sobre o Glifosato, GTF, para que faga públicos os traballos científicos cos que conta sobre a toxicidade do produto que fabrican.
Cigarro electrónico
16/8/2016 SAÚDE
Todos os cigarros electrónicos emiten sustancias químicas nocivas, e os niveis deses compostos tóxicos vense afectados por factores como a temperatura, o tipo e a antigüidade do dispositivo, segundo un estudo de investigación do Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley, en California.
aire
19/7/2016 Contaminación
O ozono troposférico ou "ozono malo" é un gas incoloro e inodoro que se xera na troposfera a través de reaccións fotoquímicas: luz solar, dióxido de nitróxeno e hidrocarburos emitidos por automóbíles e certas industrias. Nos pasados días, producíronse niveis elevados deste gas contaminante, motivados polo incremento das temperaturas, o elevado número de desprazamentos en automóbil e a maior actividade das centrais térmicas de carbón (debida á suba na demanda de electricidade). A pesares dos altos niveis de concentración rexistrados por estacións medidoras durante o domingo, superiores aos 180 microgramos por metro cúbico, non foi ata o onte luns cando as administracións informaron de que viñan de detectarse niveis de ozono no aire que superan o limiar de atención estabelecido no protocolo correspondente.
Glifosato
8/7/2016 Medio ambiente
O herbicida, empregado en agricultura, mantemento de estradas e vías férreas, limpeza de xardíns e espazos públicos, etc, está sendo moi cuestionado entre ecoloxistas, científicos e institucións desde que un informe avalado pola OMS o sinalase como “probablemente canceríxeno“. A decisión da Comisión Europea foi tomada no último momento, xa que a anterior prórroga expiraba o 30 de xuño.
Incendios
6/7/2016 Medio ambiente
Estímase que máis do 80% dos incendios forestais son atribuíbeis a actividades do ser humano, tendo máis da metade dos mesmos a consideración de intencionados; en torno ao 30% son debidos a descoidos ou neglixencias, como unha queima de restrollos, un cigarro mal apagado, fogueiras acesas por excursionistas, traballos no monte, etc. Tan só o 4% poden ter orixe en causas naturais, como a caída dun raio. O resto corresponden a incendios cuias causas non puideron determinarse.
Consecuencias económicas da contaminación ambiental
27/6/2016 OCDE
A OCDE, Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos, difundiu un informe no que se alerta de que as mortes prematuras consecuencia da contaminación alcadarán entre os seis e nove millóns ao ano en 2060. Isto terá un custo de aproximadamente o 1% do PIB mundial, uns 2,6 billóns de dólares (2,3 billóns de euros) cada exercicio.
comboio fumigador
23/6/2016 Saúde
A pesares de que o glifosato está a ser obxecto de forte debate na UE polos riscos evidentes para a saúde e o medio ambiente ten o seu emprego, o certo é que, incumprindo un elemental principio de precaución, o seu uso segue a ser masivo en moitos zonas. Na Galiza e nesta época, moitas vías de comunicación, estradas e camiños de ferro, están a ser fumigadas con glifosato para eliminar a vexetación das beiras. Para mostra, a imaxe dun "comboio fumigador" no núcleo urbano de Teixeiro.
Lagoa de Cospeito
26/5/2016 Medio ambiente
Científicos das universidades de Córdoba e Bochum (Alemaña) veñen de desenvolver un sistema que captura de forma selectiva o chumbo e o cadmio, dous potentes contaminantes procedentes da actividade industrial, o que axuda a reducir estos metais en ríos e balsas de auga; este sistema emprega hidrotalcitas, uns compostos con magnesio e aluminio.
REGANOSA
29/4/2016 Medio ambiente
O Tribunal Supremo ven de anular o proxecto de construción da planta de gas de Reganosa, en Mugardos, estimando o recurso presentado por dúas asociacións veciñais de Mehá e Perlío contra unha sentenza ditada en 2013 polo Tribunal Superior de Madrid. A sentenza do Supremo, que é firme, únese á que hai unhas semanas contra a autorización administrativa previa para a instalación e obriga o Goberno, a través da Dirección Xeral de Política enerxética e Minas do Ministerio de Industria, a concederlle novos permisos nas vindeiras semanas ou a decretar a paralización da súa actividade
ONU
25/4/2016 cambio climático
Coincidindo coa celebración do Día da Terra, a Organización de Nacións Unidas organizou a sinatura do documento aprobado o pasado 12 de decembro no cume do clima en París (COP21) de loita contra o cambio climático. Á cita acoden 168 países, que se comprometeron a reducir as emisións de gases invernadoiro para que as temperaturas non superen un incremento de 2ºC (ou incluso 1,5ºC) para finais de século. Este é o primeiro paso hacia a súa ratificación e entrada en vigor no ano 2020.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais