Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Código PRL actualizado
26/10/2017 BOE
O código "Prevención de riscos laborais" foi actualizado o 25 de outubro por modificacións incorporadas no Real Decreto Lexislativo 5/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social.
DOUE
4/7/2017 Comisión Europea
O PFOA é un químico que actúa no corpo como disruptor endocrino imitando o efecto das hormonas; asociase a diferentes tipos de cancro, problemas de tiroides e esterilidade tanto en animais como en seres humanos. Traballadores/as de fábricas, ou persoas que consumían auga con altas concentracións de PFOA, que estiveron expostos a altas concentracións desta sustancia química, desenvolveron cancro de testículo, ovario, ril, próstata e linfoma de Hodking. Mesmo a doses moi baixas ou mesturado con outras sustancias dentro do corpo potencian os seus efectos negativos especialmente durante o embarazo, a nenez e a adolescencia.
BOE
13/6/2017 BOE
O obxecto deste Regulamento, que entra en vigor o 12 de decembro de 2017, é a determinación das condicións e requisitos esixibles ao deseño, instalación/aplicación, mantemento e inspección dos equipos e sistemas que conforman as instalacións de protección activa contra incendios.O disposto neste Regulamento será de aplicación aos equipos, sistemas e compoñentes que conforman as instalacións de protección activa contra incendios e quedan suxeitos ao mesmo tanto as empresas instaladoras como as empresas mantedoras de instalacións de protección contra incendios, os fabricantes, importadores, distribuidores ou organismos que interveñan na certificación ou avaliación técnica dos produtos, e todos aqueles que puidesen verse afectados por esta regulación.
Código PRL marzo 2017
22/5/2017 BOE
O Boletín Oficial do Estado publicou a actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais, documento no que se recolle a totalidade da normativa vixente sobre Prevención de Riscos Laborais no Estado español.
BOE
14/3/2017 Lexislación
Aquí se regulan aspectos relativos á seguridade cidadá e industrial, como o almacenamento, distribución, comercio, transporte, medidas de seguridade, adquisición, tenencia e uso dos explosivos con fins civís. En canto a aspectos laborais, establece medidas no ámbito da prevención de riscos laborais na fabricación, manipulación, envasado e transporte dos explosivos.
BOE
16/2/2017 RSE
Esta norma establece a regulación do procedemento para o rexistro e publicación das memorias de responsabilidade social e de sustentabilidade das empresas, organizacións e administracións públicas, así como dos informes daquelas entidades que desexen dar resposta á Directiva 2014/95/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de outubro de 2014 mediante este procedemento, no ficheiro público do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Este procedemento terá carácter electrónico, e as comunicacións realizaranse por vía electrónica, ao amparo do establecido no apartado 6 do artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos.
DOUE
10/2/2017 Diario Oficial de la Unión Europea
Esta Directiva, que incorpora valores para 25 sustancias nuevas e actualiza o valor de 6, modifica ás Directivas 91/322/CEE, 2000/39/CE e 2009/161/UE da Comisión. No seu artigo 7 estabelece que os Estados membros poñerán en vigor, como moi tarde o 21 de agosto de 2018, as disposicións legais, regulamentarias e administrativas necesarias para dar cumprimento ao estabelecido na presente Directiva.
Código PRL
7/2/2017 BOE
A Axencia Estatal do Boletín Oficial do Estado publicou a data 24 de xuño de 2016 a última actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais. Este código, que recompila toda a lexislación vixente en materia de Prevención de Riscos Laborais aplicable no dereito español desde normas consolidadas -incluíndo todas as súas redaccións desde o texto orixinal até a versión vixente, é actualizado periodicamente.
BOE
21/12/2015 BOE
O BOE do sábado 19 de decembro de 2015 publica o Real Decreto 1150/2015, do 18 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 1299/2006, do 10 de novembro, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social e se establecen criterios para a súa notificación e rexistro.
BOE
23/7/2015 BOE
O Boletín Oficial do Estado do mércores 22 de xullo publica a Lei 23/2015, ordeadora do sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social que entra en vigor o día 23 de xullo. A Lei contempla a creación dunha Oficiña de loita contra a fraude, encargada do impulso e coordinación das medidas de combate ao traballo non declarado. Así mesmo crea dúas escalas dentro do Corpo de Subinspectores Laborais: unha de emprego e Seguridade Social, o actual Corpo de Subinspectores, e unha nova de Seguridade e Saúde Laboral.
BOE
10/7/2015 LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL
Real Decreto 598/2015, do 3 de xullo, polo que se modifican o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención; o Real Decreto 485/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo; o Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo e o Real Decreto 374/2001, do 6 de abril, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo.
OIT
19/5/2015 OIT
A Base de datos Mundial de Lexislación en materia de seguridade e saúde no traballo, LEGOSH, ofrece o marco regulador cos principais elementos lexislativos en materia de seguridade e saúde no traballo no mundo. LEGOSH permite acceder a unha síntese de textos legais en inglés acompañados polos textos no idioma orixinal, a realización de comparativas entre lexislación de varios estados e búsquedas lexislativas; así mesmo, conta con ligazóns a institucións, bases de datos e outras informacións en materia de seguridade e a saúde laboral.
BOE
5/11/2014 BOE
A Axencia Estatal do Boletín Oficial do Estado publicou a data 21 de outubro a última actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais. Este código, que recompila toda a lexislación vixente en materia de Prevención de Riscos Laborais aplicable no dereito español desde normas consolidadas -incluíndo todas as súas redaccións desde o texto orixinal até a versión vixente, é actualizado periodicamente.
Formaldehído
30/7/2014 Hixiene
Na 6ª ATP (Adaptación ao Progreso Técnico), Regulamento (UE) nº 605/2014 do Regulamento CLP, modificouse a clasificación do formaldehido pasando de estar clasificado como canceríxeno de categoría 2 coa indicación de perigo H351 (Sospéitase que provoca cancro), a canceríxeno de categoría 1B coa indicación de perigo H350 (Pode provocar cancro). Tamén foi clasificado como mutáxeno de categoría 2 coa indicación de perigo H341 (Sospéitase que provoca defectos xenéticos). Dita clasificación será aplicable a partir do 1 de abril de 2015, sen prexuízo de que poida aplicarse antes.
BOE
26/6/2014 LEXISLACIÓN ESPECÍFICA ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS
Orde ESS/996/2014, do 12 de xuño, pola que se prorrogan os prazos para a presentación das solicitudes e de remisión dos informes-proposta dos incentivos correspondentes ao exercicio 2013, ao abeiro do Real Decreto 404/2010, do 31 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución de cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que contribuísen especialmente á diminución e prevención da sinestralidade laboral.
DOUE
3/4/2014 LEXISLACIÓN
O día 1º de marzo entrou en vigor o regulamento 649/2012 do consentimento fundamentado previo (regulamento PIC) que regula a importación e exportación de determinadas substancias químicas e impón obrigas ás empresas que desexan exportalas a países terceiros.
Transporte mercadorías perigosas
19/2/2014 SEGURIDADE
O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto polo que se regulan as operacións de transporte de mercadorías perigosas por estrada en territorio español.
DOUE
5/2/2014 HIXIENE
A nova directiva 2013/59 que publicou o Diario Oficial o día 17 de xaneiro establece normas de seguridade básicas para a protección contra os perigos derivados da exposición ás radiacións ionizantes e derroga cinco directivas anteriores, polo que constitúe un novo marco no seu ámbito de aplicación.
Campos electromagnéticos
2/9/2013 HIXIENE
A Directiva aclara as definicións dos efectos adversos para a saúde, introduce un sistema actualizado dos límites de exposición (frecuencias que se sabe que afectan prexudicialmente ao sistema cardiovascular ou ao sistema nervioso central), e establece algunhas disposicións que facilitan aos empresarios a avaliación dos riscos esixida pola lei.
TPC Construción
5/6/2013 CONSTRUCIÓN
O 18 de Abril de 2013, foi publicada no B.O.E a resolución do 2 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se rexistra e publica o Regulamento da tarxeta profesional para o traballo en obras de construción (vidro e rotulación) dos traballadores afectados polo Convenio colectivo para as industrias extractivas, do vidro, cerámica e para as do comercio exclusivista dos mesmos materiais.
BOE Construción
5/6/2013 CONSTRUCIÓN
Ou pasado 30 de maio ou BOE publicou a Acta do acordo de revisión parcial do V Convenio colectivo xeral do sector dá construción. Entre vos aspectos máis relevantes, está a inclusión de novos contidos formativos non Convenio, co fin de abranguer a práctica totalidade dous traballadores/ás do sector, que aparecen a continuación dous xa existentes, con indicación de contidos formativos a impartir e número mínimo de horas de duración.
Asistencia sanitaria
21/12/2011 LEXISLACIÓN ESPECÍFICA MUTUAS
Optimización dos recursos sanitarios. Esta frase é a clave da nova normativa que acaba de ser publicada no BOE de 22 de novembro e a que define a súa finalidade. O Real Decreto 1630/2011, de 14 de novembro, será o marco que, dende este momento, regulará a prestación dos servizos sanitarios e de recuperación polas mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social.
empregada de fogar
28/11/2011 LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL
O Consello de Ministros aprobou o Real Decreto que regula a relación laboral de carácter especial do servizo do fogar familiar. Esta relación laboral descansa en dous aspectos moi característicos, como son o ámbito onde se presta a actividade (o fogar familiar) e o vínculo persoal baseado nunha especial relación de confianza entre o titular do fogar familiar e as persoas empregadas de fogar.
BOE
24/11/2011 LEXISLACIÓN XERAL ESTATAL
O Real Decreto regula o réxime xurídico e o procedemento para establecer coeficientes reductores da idade de xubilación no sistema da Seguridade Social, no caso de traballos que por ser excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, rexistren índices elevados de morbilidade ou mortalidade.
transporte por carretera
17/11/2011 Lexislación Específica Seguridade no Traballo. Tranporte de mercadorias
O Consello de Ministros aprobou, a proposta dos ministros de Traballo e Inmigración, Valeriano Gómez, e de Fomento, José Branco, a modificación do Real Decreto 1561/1995, de 21 de setembro, sobre xornadas especiais de traballo, no relativo ao tempo de traballo daqueles traballadores que realizan actividades móbiles de transporte por estrada.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais