Portada
Gabinete
Recursos técnicos
Igualdade
Denuncias
Enlaces de Interese
Contacto
Traxe intelixente bombeiro
16/7/2013 SEGURIDADE
A solución presentárona hoxe o Centro de Investigación Aplicada TECNALIA e a Fundación SUESKOLA, nas instalacións que a Fundación ten en Ordizia, dentro do marco do proxecto europeo i-Protect, coordinado polo centro de investigación polaco CIOP. Trátase dun traxe intelixente, construído con tecidos avanzados, máis lixeiro que os actuais e que vixía o estado de saúde dos bombeiros e os perigos do ámbito mediante sensores, o que permite monitorizar en tempo real a unha brigada de bombeiros durante a intervención nun sinistro.
DGUV
12/7/2013 HIXIENE
As resinas epóxicas son utilizadas amplamente en sectores emerxentes, como a produción de muíños de vento, o sector da electrónica, a industria, a madeira, a restauración e a construción. Poden causar reaccións cutáneas alérxicas graves.
Xeso con residuos poliméricos
6/6/2013 I+D+i
O Grupo de Investigación en Enxeñaría da Edificación da Universidade de Burgos patentou dous novos materiais para a construción, xesos aos que suman residuos de polímeros procedentes de distintas industrias.
Pneumático
22/5/2013 I+D+i
Un método de reciclaxe de pneumáticos desenvolvida polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a empresa Enreco 2000 foi seleccionado polo Foro Económico de Astaná como unha das mellores tecnoloxías da Unión Europea susceptibles de aplicación industrial.
Lume
2/5/2013 SEGURIDADE
Os compostos polímeros lixeiros convencionais descompóñense de forma perigosa ao verse expostos a calor intensa ou chamas. Un equipo de científicos está a desenvolver novos materiais ignífugos para a súa aplicación ampla en barcos, avións e trens.
Cenorias
22/4/2013 I+D+i
Un proxecto de investigación hispano-arxentino no que participan científicos da UNED propón utilizar as cenorias descartadas para fabricar bioetanol. Obter este composto químico -que pode usarse como combustible- a través da fermentación de azucres é algo común, pero ata agora non se probara con estas hortalizas.
Composites máis seguros para os estaleiros
17/4/2013 SEGURIDADE
Ata hai uns anos a lexislación relativa ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restrición das substancias e preparados químicos (REACH), unha normativa europea aplicable á produción e emprego de substancias químicas, impedía a utilización de composites para a construción de transbordadores e cruceiros comerciais debido ás dúbidas existentes con respecto á súa seguridade.
Cara a unha agricultura integrada intelixente
16/4/2013 I+D+i
Investigadores do Instituto Fraunhofer de Ingeniería de Software Experimental (IESE) de Kaiserslautern (Alemaña) desenvolveron un programa informático que demostrará os beneficios dos sistemas en rede para a agricultura e a gandaría europeas.
Instituto Nanociencia Aragón
15/4/2013 I+D+i
Membros do Instituto Universitario en Nanociencia de Aragón da Universidade de Zaragoza desenvolveron novos materiais para ser utilizados como 'diafragmas' separadores na produción de hidróxeno.
Empregos verdes
11/4/2013 EU-OSHA
Coa presión por reducir as emisións de dióxido de carbono e os residuos e incrementar a eficiencia enerxética e a porcentaxe de uso de enerxías renovables, a UE impúxose a tarefa de lograr un rápido aumento da cifra de «empregos verdes»: aqueles que axudan a protexer ou recuperar o medio.
Fabricación formigón
3/4/2013 I+D+i
Investigadores do departamento de Enxeñaría Civil da Universidade de Granada obtiveron un formigón autocompactante a partir de cinzas procedentes da combustión de pellets fabricados con restos de poda do oliveiral.
neiker tecnalia
15/3/2013 I+D+i
O Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemento Agrario, Neiker-Tecnalia, e a empresa guipuscoana Ekonek van levantar unha planta piloto de tratamento de residuos orgánicos coa finalidade de producir fertilizantes "de alto valor engadido", segundo os seus promotores. A instalación permitirá aproveitar dunha forma eficaz o material orgánico resultante das plantas de biogás. A planta situarase nos terreos agrícolas de Neiker-Tecnalia en Arkaute (Álava). O orzamento ascende a 1,5 millóns de euros, que serán achegados pola Unión Europea no marco dun proxecto CIP-Ecoinnovation e o catro entidades participantes na iniciativa: Neiker-Tecnalia, Ekonek Innovación en Valorización de Produtos, Blue Agro e a empresa holandesa Colsen.
Algas como illantes nos edificios
14/3/2013 I+D+i
Para moitos habitantes de zonas costeiras as algas varadas non son máis que unha inconveniencia. Pero que teñen que ver estas plantas cos edificios e a súa calefacción? Investigadores alemáns descubriron que esta materia natural pode exercer de illante de edificios e xunto a un equipo de colaboradores industriais lograron convertela nun material de illamento viable.
Nanomateriais para producir hidróxeno
12/3/2013 I+D+i
O Instituto IMDEA Materiales lidera un consorcio europeo de universidades, centros de investigación e empresas que busca producir novos materiais híbridos de escala nanométrica combinando compuetos de carbono, como o grafeno, con outros inorgánicos, como o óxido de titanio.
Illante acústico con restos de poda e propileno
6/3/2013 HIXIENE
Un equipo de investigadores do campus de Gandia de la Universitat Politècnica de València e do Grupo LEPAMAP da Universitat de Girona desenvolveu en laboratorio un novo illante acústico que incorpora refugallos de poda de piñeiros, laranxeiras e outros residuos similares xunto con polipropileno (plástico comunmente utilizado en xoguetes, electrodomésticos e automóbiles).
Pintura
1/3/2013 HIXIENE
Un equipo de investigadores da Universidade Jaume I desenvolveu un recubrimento que proporciona aos metais maior protección contra a corrosión, ademais dunha mellor adherencia.
Somnoalert
27/2/2013 SEGURIDADE
Unha nova aplicación de móbil, chamada Somnoalert, que usa sensores inerciales e datos de GPS para detectar movementos característicos de durmirse ao volante, como desviarse do carril, ou correccións súbitas, será presentada en no Mobile World Congress, que se celebra esta semana en Barcelona.
Conversión en hidocarburos
22/2/2013 ENERXÍA
Investigadores da Universidade de Granada (UGR) desenvolveron un novo material, a base de carbón dopado, que permite producir enerxía a baixo custo e reducir as emisións de CO2 á atmosfera.
Nanomateriais
20/2/2013 HIXIENE
A nanotecnoloxía resulta tan innovadora que ninguén sabe con certeza cales serán as súas aplicacións. As predicións van dende a capacidade de reproducir obxectos como diamantes e alimentos ata unha catástrofe provocada por nanorrobots autorreplicantes que consumirá o planeta.
atenuación ruído
12/2/2013 HIXIENE
Ninguén dubida que o exceso de ruído pode xerar enfermidades e aínda así o ruído non deixa de estar presente en cada instante da vida. Non obstante, é posible reducir a contaminación sonora mediante o emprego de solucións estruturais como as barreiras acústicas instaladas xunto ás estradas ou aos ferrocarrís de gran tránsito ou doutros compoñentes acústicos estruturais denominados silenciadores que se utilizan no interior dos edificios para manter un nivel de ruído aceptable
Bioplástico
25/1/2013 I+D+i
O Instituto Tecnolóxico do Plástico (AIMPLAS) está a desenvolver por primeira vez un plástico biodegradable producido integramente a partir da palla de trigo e coas propiedades requiridas para ser empregado na fabricación de electrodomésticos de gama branca e no sector da electrónica doméstica.
Un tecido innovador que elimina as bacterias nos tecidos sanitarios
28/12/2012 HIXIENE
Investigadores da Universidade Politécnica de Cataluña (UPC, España) lograron eliminar bacterias infecciosas de tecidos sanitarios mediante un pretratamento enzimático e a deposición simultánea de nanopartículas e biopolímeros con ultrasóns.
Nanomateriais
21/12/2012 HIXIENE
Coa chegada da nanotecnoloxía aumentou drasticamente a cantidade de partículas en suspensión do aire. Un equipo de investigadores financiado pola Unión Europea realizou ensaios toxicolóxicos sobre nanopartículas artificiais que poderían ter repercusións importantes en materia de saúde e de estratexias políticas.
Neumáticos
10/12/2012 I+D+i
Unha investigación pioneira podería cambiar drasticamente o concepto de «infraciclaxe» (downcycling) e así abrir a porta a plásticos novos de gran calidade a partir de plásticos vellos. Este progreso podería ser posible grazas a un novo tipo de material: unha mestura de materiais respectuosa co medio denominada EPMT.
Kesterita
30/11/2012 ENERXÍA
A investigación europea dedicada ás enerxías renovables recibiu un novo impulso grazas á creación recente do proxecto Kestcells, financiado con máis de 3,7 millóns de euros. O seu obxectivo é a creación dunha rede de formación científica interdisciplinaria sobre tecnoloxías fotovoltaicas avanzadas de película delgada, que permitirá a Europa obter tecnoloxías vangardistas, asegurar o seu dominio global e aumentar a súa competitividade nas tecnoloxías xa existentes.
O gasto das empresas en innovación caeu preto dun 9% en 2011
29/11/2012 I+D+i
O gasto en innovación tecnolóxica das empresas españolas situouse en 2011 en 14.756 millóns de euros, o que supuxo unha redución do 8,8% respecto ao ano anterior. O descenso acumulado dende 2008 situouse no 26%, segundo recolle un informe do Instituto Nacional de Estatística (INE)
Instituto investigación enxeñería Arangón
28/11/2012 SAÚDE LABORAL
Membros do Instituto de Investigación en Enxeñaría de Aragón (Universidade de Zaragoza), coordinado polo profesor José Javier Marín, deseñaron o 'sistema Move&Reach para a avaliación da capacidade funcional', baseado en medidas obxectivas do movemento e esforzos.
Unha análise de saliva mide os niveis da hormona do estrés
27/11/2012 PSICOSOCIAL
Un traballo de investigadores do grupo de neuropsicoloxía e psiconeuroinmunoloxía clínica da Universidade de Granada concluíu que as persoas menos habilidosas na toma de decisións presentan ao comezo dunha situación estresante maiores niveis de cortisol en saliva.
Nanomateriais
26/11/2012 HIXIENE
Coa chegada da nanotecnoloxía aumentou drasticamente a cantidade de partículas en suspensión do aire. Un equipo de investigadores financiado pola Unión Europea realizou ensaios toxicolóxicos sobre nanopartículas artificiais que poderían ter repercusións importantes en materia de saúde e de estratexias políticas.
Nanomateriais
23/11/2012 EU-OSHA
A Comisión Europea adoptou a Comunicación da segunda revisión da normativa sobre os nanomateriais. Esta Comunicación describe os plans da Comisión para mellorar a lexislación europea e a súa aplicación para asegurar o seu uso seguro.
Con la financiación de/ Co financiamento de:
DI-0015/2009, AD-0002/2011, DI-0001/2011, DI-0001/2012, DI-0001/2013, DI-0001/2014, DI-0001/2015. Os contidos publicados son responsabilidade exclusiva do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega e non reflicte necesariamente a opinión da Fundación para a prevención de riscos laborais